Melide - o pleno aproba por unanimidade a conta xeral do 2011

O pleno ordinario celebrado o mércores no salón de sesións da Casa do Concello de Melide ven de aprobar por unanimidade dos dous grupos políticos presentes (PP e BNG) as contas do ano 2011


  • Despois de non ser presentada ninguha  reclamación no prazo estipulado por lei o pleno da corporación melidá aprobou por unanimidade dos dous grupos políticos as contas do ano 2011.
  • O concelleiro de Facenda e Persoal, Luís Arias subliñou que a carga financeira por habitante foi de 59,12 € multiplicado por catro dende o ano 2007 supoñendo o incremento un gran esforzo para facer fronte as amortizacións e pagos de interese dos prestamos bancarios que foron pedidos polo bipartito nos anos 2009 e 2010 e que se comezaron a amortizar no 2010 e 2011.
O Pleno ordinario  da corporación melidá que tivo lugar onte aprobou por unanimidade dos dous grupos políticos presentes as contas do ano 2011. A situación financeira das arcas municipais esta levando ao consistorio a facer fronte ao pago de préstamos que foron pedidos en época de bonanza para gasto corrente, como é o caso do pago de nóminas, entre outros gastos, e que agora en épocas dunha crise moi forte hai que facer fronte para proceder ao pago sen ter infraestructura nin servizos que o merezan, cartos que foron malgastados polo bipartito. Ao mesmo tempo tratouse na orde do día o informe sobre o cumprimento de prazos de loita contra a morosidade no 2º semestre do ano 2012, salientando que non se paga o tipo de intereses de demora gracias ao esforzo que se está a realizar e ao non ter débeda pendente. A data 30 de xuño as facturas que estaban pendentes de tramitar ascenden á 213.432,62 € e ao final do segundo trimestre tan só había facturas que levaban rexistradas máis de 3 meses, o cal denota o cumprimento por parte do actual equipo de goberno de todo o establecido pola lei. En palabras do concelleiro de Facenda e Persoal, Luis Arias hai un dato que reflexa que se están a facer ben as cousas xa que o período medio de pago no primeiro trimestre e de 151 días mentras que no segundo trimestre do 2012 o período medio é de 35 días polo que o Concello de Melide está a cumprir co establecido na lei de contratos do sector público, a pesares todo elo, de ter feito fronte a todas as amortizacións dos préstamos que no ano 2012 ascenden a 345.529,50 euros. Ao final do pleno a alcaldesa de Melide, Anxeles Vázquez clarificou á corporación que os políticos con dedicación exclusiva non cobrarán a paga extra de Nadal tal e como se estipulou a principio da lexislatura, pleno extraordinario no cal se acordou que os políticos con dedicación exclusiva sufrirán as mesmas variacións que o persoal da Administración Pública. 

Ningún comentario: