VALORACIÓNS
ALCALDE DE AMES SOBRE AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA
ROXOS-PORTOMOURO
O
alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañou hoxe á delegada da
Xunta
na Coruña, Belén do Campo, quen anunciou que mañá se licitarán
as obras para a mellora da estrada Roxos-Portomouro (AC-453),
nos
concellos de Ames e Val do Dubra.
O Goberno galego destinará
694.346
euros a executar os traballos de acondicionamento, que
abranguerán
12 quilómetros.
O
rexedor amiense amosouse satisfeito polo anuncio, que cualificou
como
“moi boa noticia” para os veciños e veciñas de Ames e agradeceu
o compromiso da Xunta coa mellora desta infraestrutura. Santiago
Amor
subliñou que o Goberno amiense levou a cabo numerosas xestións
ante o Executivo autonómico para que se desen os pasos
necesarios para o acondicionamento
desta vía.
Deste
xeito, nas reunións de traballo mantidas co conselleiro de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e na
súa
visita a Ames o pasado mes de febreiro, na que anunciou que este
ano
estará redactado o proxecto de ampliación da depuradora de
Sisalde,
o alcalde lembroulle a preocupación do Executivo municipal polo
estado da estrada, pola que transitan cada día milleiros de
vehículos.
Ademais,
o rexedor xa lle trasladara aos veciños das parroquias de Tapia,
Ames, Covas e Piñeiro as xestións que estaba levando o cabo o
Goberno amiense para que se mellorase o estado da vía. Por todo
iso,
o Santiago Amor agradeceu o compromiso da Xunta coa mellora
desta
infraestrutura.
O
alcalde subliñou que se trata dunhas obras moi demandadas e que,
sen
dúbida algunha, son uns traballos prioritarios, debido á elevada
cantidade de vehículos que transitan cada día por esta vía. Con
estes traballos, destacou, repararase o firme da estrada de
forma
estrutural e superficial, mellorando as súas condicións e a
seguridade da vía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario