8.30 h
Pleno
extraordinario
Na Casa do
Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do
día:
Punto único: Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se
procede, do orzamento e cadro de persoal do Concello para o ano 2012.
10.45 h
No Pavillón do Restollal, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, clausura
o Programa de conciliación familiar e laboral “Escolas de Verán 2012”.
11.30 h
En San Caetano, a
concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, visita as obras de
construción da rotonda.
NOTA: haberá un vehículo
a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.30 h da Praza
do Obradoiro para ir ao Restollal e, a continuación, a San Caetano.
12.30 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal
do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
13.00 h
Na rúa da Troia, o
alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de reapertura do Museo da Casa
da Troia, xunto co concelleiro Francisco Noya.
Festas do Apóstolo 2012
|
MARTES
31
12:00 h.Animación de rúa.
13:00 h. Reapertura do Museo 20:00 h.Animación de rúa. 23:00 h Castelo de fogos artificiais.
Escalinata do Campus Universitario
(GPD-Pirotecnia Ricasa)
23:30 h Concerto LÚAR NA LUBRE presentando MAR MAIOR. Entrada libre
Praza da Quintana
24:00 h. Orquestra TELEVISIÓN.
Paseo central da Alameda
|
dos Fogos Fin de Festa
Debido á celebración dos FOGOS FIN DE
FESTA, que se tirarán desde a escalinata do Campus Universitario ás 23.00 horas do martes 31, quedará
cortado ao tránsito peonil, a partir das 9.30 horas, o Paseo da Ferradura e as
zonas adxacentes, que estarán debidamente valadas. Poderase camiñar polo calexón
que vai desde a gardería de Santa Susana ata a escalinata pequena que comunica
coa avenida da Coruña.
Quedarán cortadas ao tráfico a partir
das 22:00 horas as avenidas da Coruña e de Compostela, no tramo comprendido
entre avenida das Ciencias e avenida das Burgas, polo que o tráfico que suba
por esta última rúa deberá xirar obrigatoriamente á esquerda en dirección ao
cruceiro do Galo. Prohíbese tamén o aparcamento desde as 15:00 horas ata as
01.00 horas do 1 de agosto.
No que respecta ao público que
presencie os fogos dende o campus sur, prégase que, unha vez rematado o
espectáculo pirotécnico, non empreguen as escalinatas de acceso á Alameda ata
que os efectivos da Policía Local e de Protección Civil lles indiquen que,
verificados os elementos de disparo, poden subir sen risco.
Membros da Policía e de Protección
Civil estarán presentes na zona para guiar a vehículos e viandantes e aclarar
calquera dúbida.
A Concellería de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá
prega aos cidadán desculpen as molestias que estas medidas poidan ocasionar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario