O BNG AFIRMA QUE O
GOBERNO MUNICIPAL RECOÑECEU A EXISTENCIA DE IRREGULARIDADES NO USO DO DIÑEIRO DAS
SUBVENCIÓNS RECIBIDAS POLO CONCELLO
- Os nacionalistas aportan a acta dun Pleno, onde o goberno municipal recoñece que moitas das facturas impagadas,
incluidas no crédito de 2,7 millóns para o pago a proveedores, estaban
subvencionadas por outras administracións.
- Gonzalo Castro pregúntase “se esas actuacións estaban subvencionadas,
por que estaban sen pagar?”
- O BNG pedirá a comparecencia
inmediata do alcalde diante do Pleno para que informe detalladamente deste
gravísimo asunto, xa que se ten recoñecido por parte do goberno a existencia de
irregularidades no uso do diñeiro público.
O portavoz municipal do BNG, Gonzalo Castro,
denunciou “o recoñecemento por parte do
goberno municipal da existencia de irregularidades no uso do diñeiro das
subvencións recibidas polo Concello de Ordes”.
O portavoz dos nacionalistas ordenses aportou, para
xustificar esta afirmación, unha acta do Pleno onde se aprobou a operación de
crédito por 2,7 millóns para facer frente ás facturas impagadas, onde o goberno
municipal recoñece que “moitas destas
facturas foron subvencións”.
Gonzalo Castro pregúntouse “se moitas das actuacións correspondentes a facturas impagadas polo
goberno municipal foron subvencionadas, como é que estaban sen pagar?”
Para o portavoz municipal do BNG, “esta afirmación do goberno municipal é gravísima porque supón o
recoñecemento de irregularidades no uso do diñeiro público por parte do alcalde
e os eu goberno, e incluso podería supoñer a existencia dunha malversación
deste diñeiro”.
Petición de comparecencia do
alcalde
Gonzalo Castro afirmou que “o BNG pedirá a inmediata comparecencia do alcalde diante do Pleno para
que explique este gravísimo asunto, e esixiremos as responsabilidades que
correspondan”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario