Un
grupo
de 45 nenos e nenas saíron para participar nun
campamento no albergue Fundación González Ferreiro de Allariz
Un grupo de 45 nenos e nenas amienses de 8 e 9 anos viaxaron rumbo
a Allariz para participar nun campamento que se realizará no
Albergue Fundación Ramón González Ferreiro.
Arredor das 10:30
horas da mañá, os rapaces partiron a esta actividade
organizada
pola Concellaría de Medio Ambiente. Os nenos e nenas, que
gozarán
de catro días no albergue, foron despedidos en Bertamiráns e
no
Milladoiro polas súas familias e polo concelleiro
de
Educación,
Bernardo
Moar.
Os
participantes nesta excursión teñen establecido un programa
específico para todas as xornadas. Os rapaces comezarán o día ás
9:30 horas co almorzo para realizar, unha hora despois, a
primeira
das actividades por grupos. As actividades serán de diversos
tipos:
artísticas, xogos populares ou deportes de aventura. Ás 14:00
horas, os nenos e nenas farán un descanso para a comida e para
prepararse para a segunda actividade do día, entre as que se
atopan
obradoiros e grandes xogos organizados para grupos. Trala cea, o
grupo de nenos e nenas realizarán unha última actividade diaria,
que consistirá en concursos, grandes xogos de exterior ou
reunións
por grupos.
O
obxectivo desta actividade será dar a coñecer aos rapaces e
rapazas
o espazo natural no que se atopan, fomentando súa protección e
respecto. As actividades que se levarán a cabo en Allariz teñen
como fin sensibilizar aos nenos co medio que lle rodea,
potenciar o
traballo en equipo, valorar a convivencia dentro do grupo,
favorecer
a adquisición de habilidades sociais e adquirir boas condutas
sobre
o contexto natural e humano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario