Santiago - Roi Sixto abre o programa Verán na Rúa



VERÁN NA RÚA celebrarase en lugares emblemáticos da cidade durante o mes de agosto
Roi Sixto abre o programa de actividades de verán cun espectáculo familiar
Verán na rúa chega para ofrecer unha programación variada e de calidade para todos os públicos. A Concellaría de Cultura programa máis de 20 actividades musicais, de cinema, clown e maxia, ao longo do mes de agosto. hoxe ás 19:30 h na Alameda compostelá Roi Sixto ofrecerá un espectáculo familiar de malabares e maxia cómica, que leva o título de Roi o cagabolas.

Roi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, han conquistado as prazas, os teatros e ao público galegos.  Comezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampliando os seus coñecementos en diversos espazos, como La Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela. Cos anos, Roi Sixto foiseconvertendo nun dos malabaristas de referencia en Galicia colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos.
Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máishabituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polassúas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica nas súasactuacións. Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa NoitesAbertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)
No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxeimaxinaria da cal xordeninfinidade de aparellos cos cales facer malabares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos. A pesar da súa destreza de execución, Roi non se deixa caer na pesadez do virtuosismo, e combina ássúas rutinas con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa, atopando sempre algún oco para o humor e a participación do público. Pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un rulo americano ou un monociclo xorden da súa maleta para abraiar ao respectable, un orixinal número de rebote sobre “uve” e a súapersonalidade sobre o escenario son os ingredientes do que é, sendúbida, un dos mellores shows unipersoais da escena galega.

Ningún comentario: