Ordes celebrará o seu tradicional Día
das Bandas este sábado
Participarán a Banda de Música de
Ordes e a Banda Municipal de Boiro
O Concello de
Ordes celebrará hoxe o Día das Bandas. Un acto englobado dentro da
programación do seu Verán Cultural e que contrá coas actuacións da Banda
Municipal de Boiro e da Banda de Música de Ordes.
Ambas formacións interpretarán temas sobradamente coñecidos por todos os
afeccionados a boa música, que sin dúbida farán desfrutar a todos os presentes.
Ademáis da actuación central que terá lugar na Alameda a partir das 20 horas,
as dúas bandas levarán a cabo un pasarrúas polas principais vías da vila dende
as 19.45 horas. Deste xeito o
Concello de Ordes mantén o seu compromiso con esta celebración musical que xa se leva celebrando dende hai
moitos anos por estas mesmas datas, e grazas a cal se poido desfrutar co
algunhas das mellores formacións de toda Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario