O PLENO REXEITA A
CONTA XERAL DE 2011
O argumento do
BNG, de que existía máis dun millón de euros de gastos sen xustificar, foi
secundado pola maioría do Pleno da Corporación Municipal.
O portavoz
municipal do BNG manifestou que “o
alcalde convocou o Pleno durante as vacacións do interventor municipal, para
evitar que este confirmase no Pleno a certeza das afirmacións do BNG”.
O alcalde acusou
ao BNG de mentir, e Gonzalo Castro emprazouno a “acudir ao xulgado se pensaba que as afirmacións do BNG eran calumnias”.
O Pleno da
Corporación Municipal de Ordes rexeitou a liquidación da Conta Xeral de 2011,
que foi presentada polo goberno municipal, nun Pleno extraordinario celebrado
no día de hoxe.
Gonzalo Castro,
portavoz municipal do BNG, xustificou o voto en contra do BNG na “no contido dun informe da intervención
municipal sobre a Conta Xeral de 2011, que confirma a existencia de máis dun
millón de euros de gasto que non se incluiron nos Orzamentos de 2011, o que fai
sospeitar da existencia de gastos de difícil xustificación por parte do alcalde
e o seu goberno”.
Gonzalo Castro
salientou tamén que “o informe da
intervención municipal advirte da existencia dunha débeda acumulada de máis de 10 millóns de euros, perto de 800 euros por
habitante, un estrago de recursos públicos dos que non se ten
destinado nin un euro durante o 2011 á mellora dos servizos públicos, nin á
promoción económica e a creación de emprego”.
Castro preguntouse “que xestión se está a facer por parte
do alcalde en Ordes se cada día aumenta máis a débeda, mentres vemos como
empeoran os servizos púbicos, e non se destina nin un euro á creación de
emprego?, en que se está gastando esta cantidade inxente de diñeiro?”.
Convocatoria
do Pleno durante as vacacións do interventor
O portavoz do BNG de Ordes salientou que “curiosamente, cando o goberno tiña de prazo
até o 1 de outubro para aprobar a Conta Xeral de 2011, o alcalde convocou o
Pleno durante as vacacións do interventor, para evitar que éste puidese
corroborar no Pleno que as afirmacións do BNG son totalmente certas”.
Acusacións
do alcalde
Diante das acusacións do alcalde que afirmou que o BNG
mentía, Gonzalo Castro emprazou ao alcalde “a
acudir ao xulgado se tan seguro está de que as afirmacións do BNG son
calumnias”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario