O CONCELLO ANALIZA COS TÉCNICOS DE EPTISA O CONTIDO DO INFORME DA XUNTA SOBRE
O PXOM
A
alcaldesa de Silleda e responsable de urbanismo ven de valorar positivamente o
envío do informe previo á aprobación inicial do PXOM do Concello de Silleda
dende a Xunta de Galicia, que neste momento está sendo avaliado polo
departamentos técnicos do concello e da empresa redactoras, no prazo acordado
coa Secretaria Xeral de ordenación do Territorio e urbanismo.
Recorda que o envio a xunta
retrasouse uns días sobre o prazo establecido na xunta de portavoces para
garantizar “que non requirirán mais documentación e que se retrasara o proceso
“e que o obxetivo consigueuse “acabamos de ganar moito tempo para a aprobación
do documento”.
Agora deberá avaliarse
que cuestión son correxibles “para que o
documento pase a aprobación definitiva sen complicacións “ e cales son as que
xeneran mais dubida “para defender a proposta municipal”. Entre estas últimas a
Alcaldesa cuestiona a decisión da xunta de considerar a rua Pintor Colmeiro en Silleda ou a Rúa do Deporte en Bandeira
como solo non consolidado.
Sobre o volumen de
edificabilidade que o informe cuestiona, asegura a alcaldesa que “en este documento
fíxose un drástico recorte nas areas de desarrollo próximas aos núcleos, con
respecto ao documento informado no 2009, agora parece que aínda non e suficiente.
Analizarémolo con calma”
Agora é o Concello o que
ten que dar o seguinte paso, aprobando o documento inicialmente a abrindoo a
cidadanía para que presenten as
alegacións “logo de que se incorporen ao documento as apreciacións recollidas
no informe previo que se está a estudiar”
Ningún comentario:
Publicar un comentario