Silleda - o concello licita a compra dunha furgoneta


A Concellería de Servizos e Obras licita a compra dunha furgoneta con caixa aberta basculante
A adquisición, mediante procedemento negociado sen publicidade, realizarase con cargo á axuda do Fondo de Compensación Ambiental

 A Xunta Local de Goberno de Silleda deu conta hoxe do expediente, iniciado mediante resolución da Alcaldía, para a compra dunha furgoneta con caixa aberta (basculante) que se destinaría á área de xardinería. O prezo de licitación é de 40. 198,49 euros e as empresas terán un prazo de 5 días hábiles contados á partir da data en que reciban a invitación para formular a súa oferta. As cláusulas técnicas e administrativas están dispoñibles na web municipal no Perfil do Contratante (sección subministros). O financiamento para este equipo, segundo explica o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, chega coa liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental, que ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do medio, e reequilibrio territorial. Na liña de axudas non competitivas, Silleda percibiría unha cantidade de 40.000 euros destinados á compra de equipamento. Este novo equipamento é moi importante para realizar o traballo diario no departamento de Obras e Servizos, xa que a día de hoxe, na área de xardinería estase a traballar cun vehículo alugado, xa que a anterior por mor de sucesivas avarías, foi para o desgüace”, sinala Cuíña. Segundo figura na memoria do proxecto, o vehículo servirá para reforzar as tarefas de retirada e limpeza de vertedoiros incontrolados. 

Ningún comentario: