Ordes acollerá mañán luns o
proceso de selección para participar no curso de atención sociosanitaria
Terá lugar na Casa da Cultura a partir das 9.30 horas. Os asistentes
complementarán a súa formación con prácticas en empresas do sector
O Concello de Ordes pon en coñecemento de todos aqueles interesados da
realización dun novo curso de Atención sociosanitaria no domicilio. En total serán 628 horas de formación que se
desenvolverán en horario de mañá na aula adaptada ubicada nas instalacións do
mercado agrario comarcal, en Mesón do Vento.
Á finalización do curso os asistentes
recibirán un certificado de profesionalidade, ademáis de optar á realización de
prácticas laborais en distintas empresas do sector. Os principais destinatarios
desta iniciativa son desempregados e desempregadas de Ordes, aínda que tamén
poderán participar traballadores cuxo horario laboral sexa compatible coas
clases que se desenvolverán de 8
a 15 horas. O curso está subvencionado polo Fondo Social
Europeo e pola Administración do Estado.
Os interesados e interesadas deben acudir
ó proceso de selección que terá lugar ás 9.30 horas mañán luns 31 de xullo na Casa da Cultura, situada
na Rúa Galicia nº 25. Deberán levar
consigo o DNI ou documento identificativo oficial e a titulación que posúan. É
requisito indispensable ter a titulación en ESO e o nivel Celga 2 en lengua
galega ou equivalente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario