Frades - visita o Zoo Corax de Paderne


FAMILIAS DE FRADES VISITAN O ZOO ‘CORAX’ DE PADERNE PARA COÑECER A VARIEDADE DA FAUNA
 Varias deceas de personas participaron na excursión para familias organizada polo Concello de Frades ao núcleo zoolóxico ‘Corax’ no municipio de Paderne, a carón de Betanzos. Os nenos e nenas participantes e os seus parentes tiveron ocasión de ver máis de cincuenta especies distintas de animais, tanto autóctonas como foráneas.


Deste xeito, os responsables da instalación, explicáronlles as características das distintas especies, os seus hábitos e costumes e incluso lles permitiron aos cativos interactuar cos animais, dándolles de comer e acariciándoos. Entre a diversidade de fauna nesta visita guiada, os visitantes puideron ver mapaches, suricatos, lobos, tigres, mouchos, aguias, ou avestruces.

O núcleo zoolóxico ‘Corax’ está especialmente pensado para acoller este tipo de visitas didácticas. Cumprir esta vocación formativa é posible porque os animais que compoñen a colección viven nun entorno natural axeitado e en contacto con humanos desde que nacen. En todo momento, as visitas son acompañadas por profesionais especializados.

Ningún comentario: