Frades - o CELVIT gaña o maratón de fútbol sala


O CELVIT GAÑA O MARATÓN DE FÚTBOL CONCELLO DE FRADES 2012
 O equipo Celvit, integrado por xogadores das parroquias de Céltigos e de Vitre, proclamouse vencedor no Maratón de Fútbol Concello de Frades 2012, disputado no campo municipal de herba artificial. O Celvit gañoulle na final ao Xuventude, nun encontro moi igualado que rematou o tempo regulamentario con empate a cero e que se tivo que decidir nos penaltis.
 O Celvit e o Xuventude acadaran a final ao gañarlles en semifinais ao Abellá e ao Combinado Frades, respectivamente. O maratón, que esta ano cumpriu a súa decimoquinta edición, contou con nove equipos participantes e cunha elevada afluencia de público. Tanto as inscricións dos equipos como as entradas dos espectadores foron gratuítas.

O alcalde de Frades, Miguel Prado, presidiu a entrega dos trofeos. Ademais dos especiais para o campión e o subcampión, recibiron un trofeo todos os participantes e tamén se distinguiu ao máximo goleador (Mandaio, do Xuventude), e ao porteiro máis eficaz (Miguel, do Celvit).

Ningún comentario: