Os
nenos e nenas de Ames poden inscribirse no Setembro Lúdico ata
o 3
de agosto
Para
ocupar
o
tempo
de
lecer
que
teñen
os
nenos
e
nenas
de
Ames
dende
o
remate
da
Escola
de
verán
e
o
comezo
do
curso
escolar,
o
Concello
de
Ames
programa
a
iniciativa
Setembro
Lúdico.
Este
programa,
que
ten
aberto
o
prazo
de
inscrición
ata
o
3 de
agosto, vai
dirixido
aos
rapaces
e
rapazas
escolarizados
no
segundo
ciclo
de
educación
infantil
e
en
educación
primaria,
que
están
empadroados
en
Ames.
O
programa
de
conciliación
da
vida
laboral
e
familiar
desenvolverase
os
días
3, 4, 5, 6, 7, 10 e
11 de
setembro.
Os
interesados/as
poden
recoller
a
documentación
necesaria
para
a
inscrición
no
departamento
de
Educación,
en
Bertamiráns,
ou
na
Oficina
municipal
do
Milladoiro.
Un
ano máis, o Concello de Ames oferta unha alternativa para o
tempo de
lecer dos nenos e nenas amienses ademais dunha boa
oportunidade para
conciliar a vida laboral e familiar a través do programa
Setembro
lúdico. Os beneficiarios serán os cativos de segundo ciclo de
educación infantil e os nenos e nenas de educación primaria
empadroados no Concello de Ames. Tamén poderán acceder ao
programa,
as fillas e fillos de persoas, que estando empadroadas noutro
concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio.
Esta
situación deberá acreditarse cun certificado da empresa ou
institución correspondente. Tendo sempre preferencia os
empadroados
no Concello.
O
Setembro Lúdico iniciarase cada día ás 7:30 h. co programa Bos
Días, e estanse a estudar as opcións de con ou sen almorzo. Ás
nove da mañá os nenos e nenas pasarán a desenvolver as
actividades
programadas ata as 14:30 horas. No caso de Bertamiráns, os
nenos e
nenas desenvolverán as actividades no CEIP A Maía, mentres que
no
Milladoiro as actividades terán lugar na escola infantil,
situada na
Travesía do Porto, e no pavillón polideportivo. Os nenos e
nenas
que non vaian usar o servizo de comedor serán recollidos/as
antes
desta hora. Os usuarios de comedor terán xogo libre e comedor
ata as
16.00 horas.
Documentación
para a inscrición
O
prazo de inscrición para este Setembro Lúdico 2011/2012 esta
aberto
ata o 3 de agosto. Todas as persoas que desexen inscribir
neste
programa os seus fillos/as terán que entregar a ficha de
inscrición
cuberta, os impresos de autorizacións, unha fotocopia da
tarxeta
sanitaria e unha fotocopia do libro de familia completo. O
libro de
familia e a tarxeta sanitaria, só se entregarán nos casos en
que
non se tivese presentado no departamento de Educación, ou
houbese
algún cambio na situación familiar.
Os
interesados/as poden recoller a documentación necesaria no
departamento de Educación, en Bertamiráns, ou na Oficina
municipal
do Milladoiro. Posteriormente, haberá que entregar esta
documentación no Rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns (de
luns
a sábado) e na Oficina Municipal do Milladoiro (de luns a
venres).
Tanto para a entrega como para a recollida dos papeis, o
horario é
de 9:00 h. a 14:00 horas. En ningún caso se admitirán
inscricións
fóra de prazo.
Unha
vez
rematado
o
prazo
de
inscrición
publicarase
a
lista
de
admitidos/as
na
que
se
indicarán
os
lugares
das
actividades
por
grupos
nos
taboleiros
de
anuncios
do
Concello
e
da
Oficina
Municipal
do
Milladoiro.
Para
máis
información
poden
chamar
ao
departamento
de
Educación
marcando
o
número
de
teléfono
981 891 476 ou
enviar
un
correo
electrónico
ao
enderezo
educacion@concellodeames.org.

Ningún comentario:
Publicar un comentario