O
Milladoiro celebra esta fin de semana os días grandes das
festas da
Madalena
A festividade en honra da Madalena no Milladoiro comezou xa o
22 de xullo con diversos actos relixiosos e culturais
organizados
pola Asociación Cultural A Madalena. Con todo, os días grandes
da
festa son o 3, 4, 5 e 6 de agosto e O Milladoiro preparase
para vivir
unhas xornadas chea de música e lecer.
Os
actos centrais das festa da Madalena celebraranse esta fin de
semana.
O venres, 3 de agosto, ás 12:00 horas, comezarán os festexos co
disparo das bombas regulamentarias. Xa pola tarde, a partir das
18:00
horas, abrirán as atraccións de feira para os nenos e nenas.
Estas
atraccións estarán situadas na Travesía do Porto.
Posteriormente,
ás 20:30 h, comezarán as actuacións na praza Entreagros (Agro do
Medio e Agro da Madalena) co Gran Pedrini e o Mago da Boina.
Pola
noite, a partir das 23:00 horas, actuará o grupo JJYSON na praza
de
Manuel Murguía.
O
sábado 4 de agosto, a partir das 18:00 horas, haberá atraccións
de
feira na praza da Costa Grande. Ás 20:30 horas, terá lugar unha
actuación do gran malabarista Yuma, que está dirixida ao público
infantil. O sábado a verbena comezará ás 22:30 horas e o prato
forte da noite terá lugar á media noite coa actuación da
orquestra
Panorama. O domingo 5 de agosto as celebracións comezarán co
disparo das 21 bombas de palenque regulamentarias. A partir das
12:30
horas, sairá o Rosario do seu lugar de orixe. Media hora máis
tarde, ás 13:00 h, celebrarase unha misa solemne. Tralos actos
relixiosos, ás 13:45 h, a banda de música da Sociedade
Recreativa
de Calo ofrecerá unha actuación musical para deleitar aos
amantes
deste tipo de música.
Ás
14:15 horas, comezará a sesión vermú coa actuación do grupo
Samba. Xa pola tarde, haberá atraccións de feira para os máis
cativos dende as 18:00 horas. Pouco despois, ás 20:30 h, os
nenos e
nenas poderán seguir gozando, nesta ocasión coa actuación do
Show
dos Paiasos. Pola noite, ás 22:00 h, haberá verbena a cargo do
grupo Samba. Para rematar a festa, a partir das 23:30 horas, os
veciños e veciñas do Milladoiro gozarán do humor do grupo
Maldados.com.
O
último día das festas da Madalena no Milladoiro será o luns, 6
de
agosto. Pola tarde, ás 18:00 horas, abrirán as atraccións da
feira. Unha hora despois, ás sete da tarde, a charanga 'O
Recobio'
fará un percorrido por Vilar de Calo, Paramuiño, A Grela e
Bentín.
Despois, ás 19:30 horas, haberá unha festa infantil na praza da
Capela da Madalena na que actuará Magic-clown Tanito. Xa ás nove
da
noite celebrarase a misa na Capela da Madalena e ao remate
levarase a
cabo a recollida da santa ata a súa capela de adoración. Por
último, a verbena comezará ás 22:00 horas coa actuación do grupo
Oceáno. As festas rematarán coa actuación estelar da orquestra
Charleston Big Band.
Ningún comentario:
Publicar un comentario