MEDIO CENTO DE MOZOS VIAXARON A MÁLAGA
NUNHA NOVA EDICIÓN DAS VIAXES DA MOCIDADE
Os participantes visitaron
Nerja, Ronda, Torremolinos, Marbella...
Un grupo de case cincuenta mozos e mozas brioneses participaron do 21
ao 28 de xullo nunha nova edición das Viaxes da Mocidade, unha excursión
organizada polo Concello de Brión destinada á xente nova de entre 18 e 35 anos
de idade.
Nesta ocasión o destino
escollido foi a cidade de Málaga, unha vella coñecida das Viaxes da Mocidade,
pois xa fora visitada no ano 2008 por outro grupo de mozos do concello. Baixo o
lema de “regresa a Málaga sen viaxar no tempo”, os participantes visitaron esta
capital andaluza, ademais de doutras localidades coma Frigiliana, Nerja, Ronda,
Torremolinos, Marbella, Puertobanús, Granada e Gibraltar.
O bo tempo, con
temperaturas agradables, sen excesiva calor, fixeron que o percorrido por
Andalucía resultara perfecto, gozando todos,
por igual, das visitas culturais programadas e as tardes de praia. Entre
as primeiras destacou o percorrido en bus turístico por Gibraltar, con visita
ao peñón, onde os participantes se fotografaron cos únicos monos que existen na
Europa continental, levados alí polo británicos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario