Entrega
do diploma acreditativo ao gañador da Festa das Tapas do
Milladoiro
O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Ames,
Bernardo
Moar, e o organizador da V Festa das Tapas do Milladoiro,
Carlos
Rivas, fixeron entrega do diploma acreditativo como campión
desta
edición á cervexaría Galway.
No
acto tamén estiveron presentes, en representación do local, o
seu
xerente, Vicente Vázquez, e a creadora das tapas gañadoras,
Verónica. Coincidindo
coa celebración das Festas da Madalena do Milladoiro, os días
3, 4 e 5 de agosto,
Galway volverá a ofrecer aos seus clientes as tapas gañadoras
desta
edición. Deste xeito, os asistentes poderán volver a degustar
o
chupito de camembert e langostino, e os chipiróns recheos de
setas e
gambas sobre crema de espárragos e xamón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario