Amosando publicacións coa etiqueta ARZUA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ARZUA b>. Amosar todas as publicacións
Soncello Quartet hoxe na noite de Arzúa
Arzúa, 18/08/2016 - O programa de concertos ao aire libre que enche de música e cultura as nosas rúas e espazos públicos, programado polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa para o mes de agosto, está resultando todo un éxito, avalado polo numeroso público que xa desfrutou das dúas primeiras actuacións.O Colexio de Traballadores sociales di que mortes como as de Arzúa son evitables
![]() |
| Marta Capeans, presidenta do COTSG |
A aula CeMIT do Concello de Arzúa volve abrir hoxe as súas
Arzúa, 26/07/2016 - A aula CeMIT do Concello de Arzúa , sito na rúa Lugo abre de novo en horario de 16 a 21 de luns a xoves e de 11:00 a 14:00 de luns a venres, poñendo a disposición da cidadanía un centro titorizado polo axente TIC encargado da xestión da aula, equipado con 20 ordenadores con acceso a internet, e cunha oferta formativa de cursos e charlas en novas tecnoloxías de diversas temáticas, como ofimática, redes sociais, imaxe e son, desempregados ou cursos de iniciación .
Arzúa promove un ciclo de música na rúa para amenizar as tardes de agosto
Arzúa, 19/07/2016 - O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa acaba de facer pública unha nova iniciativa desta área que consistirá na realización dunha serie de concertos ao aire libre que encherán de música e cultura rúas e espazos públicos da vila durante o mes de agosto, dentro da programación que o servizo municipal ten preparado para o vindeiro mes.Arzúa emprende unha campaña de dinamización das feiras tradicionais
Arzúa, 9/6/2016 - O Concello de Arzúa vai poñer
en marcha un plan de promoción e dinamización das feiras quincenais dos días
oito e vinte e dous. O proxecto, que leva por nome ‘Vén ás feiras do 8 e 22’, dará
comezo na segunda feira do mes de xuño coa realización de actividades de
animación e coa defusión a través de diversos medios publicitarios co fin de
reactivar estes mercados tradicionais e impulsar a economía local.
A Capela da Madanela de Arzúa volve a ser escenario dunha nova exposición dos artistas locais
30/5/2016 - No vindeiro mes de xuño, a Capela da Madanela
será de novo o escenario no que os pintores, músicos, fótografos, escultores,
escritores, debuxantes e moitas outras persoas dedicadas ao mundo da arte en
Arzúa exporán as súas creacións. Así o vén de anunciar o Departamento de
Cultura do Concello de Arzúa convocando unha nova edición da Exposición Colectiva
de Artistas Locais.A Banda de Música Infantil de Arzúa participa nun intercambio cultural en Silleda
21/5/2016 - O Conservatorio Profesional de Música de Arzúa ten programado un intercambio cultural neste mes maio entre a Banda de Música Infantil de Silleda e a Banda de Música Infantil de Arzúa.
Arzúa concede axudas para a contratación de persoas desempregadas
O programa está destinado as pequenas empresas do concello
Arzúa promove actuacións por máis de 135.000 euros grazas á boa xestión económica
A sesión plenaria que terá lugar no Concello de Arzúa hoxe venres, 29 de abril, permitirá abordar a aprobación de varios proxectos técnicos nos que se contemplan importantes actuacións que inclúen o acondicionamento e mellora de diversas pistas e camiños no municipio.
Formando en familia, unha nova proposta educativa do Concello de Arzúa
O goberno municipal de Arzúa botará a andar un novo programa educativo que baixo o título ‘Formando en familia’ ofrecerá ás familias do municipio un conxunto de propostas formativas para interactuar en temas relacionados coa educación familiar, a comunicación e as habilidades para a resolución de conflictos cotiáns.
O Psoe acusa a Xunta de favorecer as eléctricas en Dombodán, Arzúa, prexudivcando aos veciños
Abel Losada critica unha actuación evitable e contraria aos veciños e á Corporación Municipal
A Xuntanza dos maiores de Arzúa cumpre 20 anos
O sábado, 30 de abril, as persoasmaiores de Arzúa reuniranse no Recinto Feiral Terra do Queixo para celebrar o vixésimo aniversario dunha xuntanza que o Concello organiza anualmente para brindar unha oportunidade de compartir vivencias entre todos os asistentes.
O programa de actos previsto para esa xornada é o seguinte:
13:00 horas: Misa campestre.
13:30 horas: * Pregón de benvidaaos asistentes.
* Entrega de premios á muller e ao home de maioridade.
14:00 horas: Xantar ofrecido gratuitamente polo Concello de Arzúa.
17:00 horas: Gran baile amenizado por un grupo musical.
20:00 horas: Remate dos actos e despedida aos asistentes.
Para poder asistir ao evento, o Concello ten establecidos dous requisitos: ser maior de 65 anos e estar empadroados no Concello de Arzúa; tamén poderán ser beneficiarios os cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores.
As invitacións para asistir á xuntanza deben recollerse antes do día 22 de abril, os interesados deben acudir provistos do Documento Nacional de Identidade da seguinte maneira:
* Para os empadroados no casco urbano, nos ServizosSociais do Concello.
* Para os empadroadosnas Parroquias, mediante os Alcaldes Pedáneos.
O Concello poñerá a disposición de todos os veciños transporte gratuíto, que realizará o mesmo percorrido que o transporte escolar, recollendo aos veciños a partir das 12.00 horas.
A Concelleira de Benestar Social, Aurora Varela, convida a todas as persoas maiores do municipio a “participar nesta xornada festiva sinalada no noso calendario dende hai dúas décadas” e anímaos a “difrutar dun encontro no que non faltará a boa comida, a música, as charlas, os contos e as anécdotas que sempre protagonizan un haxornada marcada pola ledicia de reencontrarse, cando menos, unha vez ao ano”.
Arzúa programa unha nova recollida de plásticos agrícolas polas parroquias
É unha labor que se vén facendo en Arzúa dende hai anos e que dende a administración municipal se ofrece gratuítamente aos veciños con certa regularidade. A recollida de plásticos derivados da actividade agrícola nas parroquias do municipio tamén é un dos pilares nos que se centra a campaña de sensibilización medioambiental emprendida en días pasados polo goberno municipal coa finalidade de concienciar e implicar a todos os veciños e veciñas no coidado e conservación do noso contorno.
Conscientes da importancia deste servizo para os veciños e veciñas do rural, o goberno municipal vén de programar unha nova recollida de plásticos agrícolas para os días 25, 26 e 27 de abril. O camión do Concello achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, todos aqueles veciños que teñan plásticos e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Os plásticos deben presentarse limpos e atados para facilitar os traballos de recollida.
O camión do concello pasará a recoller os plásticos nos días, horas e lugares que sinalaremos deseguido:
Luns, 25 de abril:
9:00 h – BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de abaixo
9:30 h – FIGUEIROA, no Curro
10:00 h – A CASTAÑEDA, no campo da festa
10:30 h – VILANTIME, no campo da festa
11:30 h – MAROXO, no campo da festa
12:00 h – BRANDESO, no campo da festa
12:30 h – VIÑÓS, no campo da festa
13:00 h – TRONCEDA, xunto á escola
13:30 h – DOMBODÁN, no campo da festa
Martes, 26 de abril:
9:00 h – BRANZÁ, xunto á Igrexa
10:00 h – PANTIÑOBRE, ao carón da escola
11:30 h – LEMA, no campo da festa
12:00 h – RENDAL, no campo da festa
12:30 h – A MELLA, no campo da festa
13:30 h – VILADAVIL, xunto a pista polideportiva
Mércores, 27 de abril:
9:00 h – SANTA MARÍA, no cruce de Seixas
9:30 h – SANTO ESTEVO, xunto á igrexa
11:00 h – SAN MARTIÑO, no campo da festa
12:30 h – OÍNS, no campo da festa
13:00 h – DODRO, xunto á igrexa
13:30 h – BURRES, ao carón da escola
Os veciños que queiran desfacerse dos plásticos procedentes da actividade agrícola deben estar ás horas sinaladas no lugar indicado para cada parroquia.
Dende o Concello solicítase colaboración por parte dos veciños, xa que do contrario non se podería levar a bo fin esta iniciativa; polo que se roga que os plásticos se presenten limpos e atados e se respecten os horarios establecidos para cada lugar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







