VERÁN NA RÚA celebrarase en lugares emblemáticos da cidade durante o
mes de agosto
RudiDudipresenta na Praza da Quintana Clowntamination
Unha nova actividadefamiliar,
o clown RudiDudi,terá lugar hoxe
xoves 2 de agostoás19:30 h na Praza da Quintana e pechará a xornadaunha nova edicióndeCurtocircuito na rúa, con proxección na
Praza do Touralás 22:30 h. Ambas
actividadeencadradas no programa, organizado polaConcellaría de Cultura, “Verán
na rúa”.
RudiDudi é un clown belga, formado en la Escuela de Mimos,
Antwerpen-Bélxica. Comeza a súaactividade profesional como director, guionista
e actor en teatros do seu país de orixe. Máis tarde foi conta-contos e actor no
circuito "Teatro na Educación" en Irlanda ata que no ano 2000
decidiuadicarse totalmente ao clown, viaxando e actuando por toda Europa. No
2005 instálase en Galicia onde está a desenvolver as súas creación como clown
RudiDudi,
no seu personaxe "o home máisforte do mundo", ás veces tenro e
inseguro e outro romántico e atrevido, tenta romper os moldes, xogando co
absurdo. Coa súa arte sedutoraconsegue atrapar a un público sen límite de
idade, convidándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o
espectador "perda" a noción do tempo e "gañe" un sorriso.
Un espectáculo dinámico e interactivo para toda a familia.
Curtocircuito na rúa,
estreasehoxe xoves e presenta o primeiro dos seus programas de verán “Volta ao
mundo 1”. Na Praza do Touralproxectaranse os xoves 2, 9, 23 e 30 as
mellorescurtamentraxesnacionais e internacionais, seleccionadas polo público
asistente á semana oficial de Curtocircuito, que incluirán pezas premiadas ou
destacadas nos Goya, nos Bafta ingleses, nos César franceses ou nos Oscar.
Os
asistentes poderán votar polassúas curtas favoritas e decidir o gañador do
Premio do Público.
En
caso de choiva as proxecciónsterán lugar na Zona “C” en San Domingos de
Bonaval.

Ningún comentario:
Publicar un comentario