Máis
de 350 nenos e nenas participaron en xullo nas actividades da
Escola
de Verán, que continúa en agosto
Este
servizo, que permite a conciliación da vida familiar e laboral
e
está destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e
educación primaria, continuará mañá coas actividades
correspondentes ao mes de agosto.
A Escola de Verán acolleu durante o mes de xullo a máis de 350
nenos e nenas de Ames, que pasaron as vacacións deste xeito
lúdico e
educativo. Este servizo, que permite a
conciliación da vida familiar e laboral e está destinado a
nenos e
nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria,
continuará
mañá coas actividades correspondentes ao mes de agosto.
Neste
mes, os nenos e nenas que asistiron á Escola de Verán puideron
coñecer de preto distintos aspectos da historia a través de
actividades e xogos. Cada semana, os rapaces abordaron un tema
diferente, pero sempre relacionado coa temática central: Unha
viaxe
a través da historia.
A
Escola de Verán desenvolvese en Bertamiráns e no Milladoiro, de
luns a venres, excepto festivos, en horario de 7:30 a 16:00
horas. Os
rapaces e rapazas asisten por quincenas (1ª quincena de xullo,
2ª
quincena de xullo, 1ª quincena de agosto e 2ª quincena de
agosto),
un mes (xullo ou agosto) ou os dous meses (xullo e agosto). No
mes de
xullo, participaron en Bertamiráns 163 nenos e nenas e no
Milladoiro
acudiron a este servizo uns 190 rapaces e rapazas.
Un
xeito diferente de pasar o verán. Ese é o obxectivo deste
servizo
que pretende ser unha alternativa para que os cativos pasen as
súas
vacacións dun xeito divertido e educativo. Ademais permítelles
ás
nais e aos pais conciliar a vida laboral e familiar. A Escola de
verán está dirixida aos nenos e nenas que cursaron segundo ciclo
de
infantil e educación primaria.
Trátase
de facer unha oferta lúdico-educativa para que os rapaces e
rapazas
que participan neste programa pasen un verán diferente cos seus
compañeiros e na súa contorna á vez que aprenden conceptos
fundamentais para a súa educación. As actividades que se
desenvolven xiran ao redor dunha temática única, a historia. As
actividades abórdanse con material específico para as idades dos
rapaces participantes e van acompañadas de exemplos gráficos,
obradoiros e visitas didácticas que fan este programa moito máis
atractivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario