Veciños e veciñas de Ordes poderán
renovar ou solicitar o seu DNI no mesmo municipio dende o 3 ó 7de setembro
É preciso pedir cita previa nas
oficinas do Concello ou ben chamar ao teléfono 981 680 002
Dende o día 3 ó 7 de setembro os veciños e veciñas de
Ordes poderán renovar ou solicitar o seu DNI sen ter que desprazarse do
municipio. Unha unidade da Policía Nacional levará a cabo esta labor dende a
Casa da Cultura, situada no número 25 da rúa Galicia, nun horario que vai de 9
a 12 horas.
Para facer uso
deste servizo é imprescindible solicitar cita previa nas oficinas xerais do
Concello, situadas na planta baixa da nova Casa Consistorial, ou ben chamando
ao teléfono 981 680 002, de 8 a 15 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario