UN TOTAL DE 55 CATIVOS DA GARDERÍA MUNICIPAL DE BRIÓN CELEBRAN O SEU TRADICIONAL MAGOSTO
8 de novembro de 2011.- Un total de 55 cativos e cativas da gardería municipal de Brión, aqueles que teñen entre dous e tres anos de idade, celebraron esta mañá o seu tradicional magosto da man dos seus mestres. Unha festa na que os profesores comprobaron que os pequenos que participaron en edicións anteriores xa se teñen afeito ao sabor das castañas, mentres que algúns dos máis pequenos as descubriron esta mesma mañá.
Os rapaces, divididos por aulas, sairon a un dos patios exteriores da gardería para ver como se asaban as castañas. Unha saída para a cal todos os rapaces prepararon cadanseu sombreiro ou diadema de papel, coloreados polos meniños ben cos seus nomes, ben con distintas formas. Despois, todos eles se xuntaron no patio cuberto da gardería para degustar as castañas, que lles pelaron con paciencia os seus mestres, e mesmo levaron algún cucurucho para as súas casas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario