O goberno municipal melidense celebrou hoxe o pleno que aprobou a proposta das novas ordenanzas ficais para o ano 2012.
- O goberno municipal de Melide celebrou onte ás 9.00 h un pleno extraordinario no salón de sesións da Casa do Concello co fin de aprobar a modificación, eliminación e creación das ordenanzas fiscais do ano próximo.
- Eliminar taxas na procura de favorecer aos veciños e proceder a actualizar o IPC na maioría das ordenanzas foron os puntos máis importantes do pleno.
Melide, 7 de novembro de 2011.- O goberno municipal melidense celebrou hoxe ás 9.00 da mañá un pleno extraordinario que constaba de tres puntos na orde do día, sendo o último o de máis importancia, eliminación, modificación e creación das ordenanzas fiscais para o ano 2012. Entre os cambios propostos, elimínanse certas taxas na procura de favorecer aos veciños, actualizase o IPC na maioría da mesmas e créanse outras en aras dunha política económica de responsabilidade. Entre as de nova creación regulase a situación –ate o de agora sen regulamentación alguha-, adaptados a disposición transitoria da lei 9/2002 de Ordenación urbanística de Galicia co fin de proceder a regular a situación de empresas, explotacións e vivendas que se encontren fóra de ordenación. O equipo de goberno melidense lamenta que tanto BNG e PSdG-PSOE non votaran a favor da creación, modificación e mesmo eliminación das ordenanzas fiscais para o ano 2012. Ademais de que os argumentos expostos no debate plenario foran un contrasentido dada a situación económica que está a atravesar a facenda local do Concello de Melide. A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez lembroulle a ámbolos dous grupos que o Concello de Melide ten unha débeda que se cuantifica ao redor dos 4.000.000 € e a pesares de todo o ela e o equipo que dirixe loitarán por manter todos os servizos municipais. Entre as novidades, elimínase a taxa municipal polos servizos que realiza a motobomba do Concello xunto aos operarios municipais e Protección civil por considerar que o Concello ten que prestar servizos ó cidadán posuíndo a capacidade técnica axeitada, ademais de valorar o prexuízo incuantificable que os propietarios sofren cando lles acontecen inundacións ou problemas desta natureza. Por outra banda, elimínanse tamén dous supostos no caso da licencia de auto taxi ao non ter que contribuír a partir de agora tanto pola renovación de carné nin pola revisión anual. Ademais, Ánxeles Vázquez se lamenta de que o BNG queira facer unha política demagóxica chegando a dicir que non se apoia o deporte cando foi o goberno do bipartito BNG-PSdG-PSOE quen deixou unha situación lamentable e fixeron subidas desmesuradas dalgún servizo municipal, como o caso da Piscina Municipal, recordando que hai outras moitas instalacións deportivas, como é o Campo de Fútbol Municipal, que pusúe igualmente custes de mantemento e non se está a cobrar pola súa utilización. Por outra banda, as asociacións, clubes deportivos federados e grupos musicais melidenses rexistrados no Concello de Melide quedan exentas do pago de utilización dos locais Municipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario