O Concello de Boqueixón ven de abrir unha consulta a través da súa páxina web www.boqueixon.com.
A consulta ten por finalidade que os veciños e veciñas de Boqueixón e particularmente do núcleo de Lestedo, aporten ideas e nomes para poñerlle ás rúas desta localidade.
O crecemento que a parroquia de Lestedo ten experimentado nos últimos anos fixo que se tivesen que construír novas vías urbanas para dar servizo ás novas vivendas, así como mellorar e habilitar rúas xa existentes polo que se modifico a estrutura da parroquia. Polo tanto é necesario mellorar a sinalización e a identificación do rueiro para facilitar tamén o traballo dos servizos de correos e paquetería.
O concello de Boqueixón quere que sexan os propios veciños da parroquia de Lestedo e de Boqueixón en xeral os que propoñan os nomes das rúas, atendendo sobre todo a criterios como son a tradición, historia, cultura, persoeiros ilustres ou os veciños que se destacasen polo seu traballo comunitario.
Para recibir esas suxestións habilitouse a seguinte dirección de correo electrónico concello@boqueixon.com , debendo poñer no asunto Rúas Lestedo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario