corte de tráfico na avenida do Camiño Francés e na rúa do Lavadoiro
- Con motivo das obras que se están a realizar na avenida do Camiño Francés para a construción dun túnel, é preciso cortar o tráfico na devandita vía a partir do luns, 14 de novembro, e durante 5 días. Os desvíos faranse polas rúas Monte dos Postes, Fontiñas e avenida de Xoán Pablo II. Permitirase o paso aos garaxes dende a rúa do Valiño.
- Por mor das obras do aparcamento para a Escola Infantil de Salgueiriños, cortarase ao tráfico a rúa do Lavadoiro dende o día 14 ao 30 de novembro. Os desvíos faranse pola rúa do Río. Permitirase o paso aos residentes.
O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario