Amosando publicacións coa etiqueta ASOCIACION VECIÑOS DE SENRA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ASOCIACION VECIÑOS DE SENRA. Amosar todas as publicacións

Asociación veciños de Senra - magosto

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SENRA CELEBRA UN MAGOSTO E CEA NO LOCAL

SOCIAL DA PARROQUIA

11 de novembro de 2011.- A asociación de veciños de Senra celebrará hoxe sábado 12 de novembro, a partir das 21:00 horas, o seu tradicional magosto. Unha celebración que esta asociación veciñal leva organizando dende hai case unha década e que se ten convertido nun punto de encontro ineludible para os veciños e veciñas da parroquia de Senra.

A festa comezará ás 21:00 horas no local social de Senra onde, ademais do magosto, terá lugar unha cea entre os veciños. O magosto está organizado pola propia asociación de veciños de Senra e conta coa colaboración do Concello de Oroso.