Ghaleb Jaber Ibrahim, Presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, presenta o seu libro “Regalo de memoria”
DATA: Venres 11 de Novembro de 2011
HORA: 20,00 h
LUGAR: Salón de actos do Hotel Araguaney. Montero Ríos, 25-27. Santiago.
PRESENTES:
Ghaleb Jaber Ibrahim, autor.
Noe Martínez, escritora.
José Luis Teófilo, editor.
Santiago de Compostela, Venres 4 de novembro de 2011. A Fundación Araguaney-Puente de Culturas acollerá o vindeiro venres, día 11 de Novembro, a presentación da novela “Regalo de memoria”, unha obra escrita conxuntamente por Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney e a escritora ourensá Noe Martínez. A edición da obra correu a cargo de Teófilo Comunicación a través da súa división editorial Teófilo Edicións.
Se trata dunha nova publicación que sairá a rúa cun prólogo da prestixiosa pluma de Maruja Torres e que está asinada conxuntamente por Ghaleb Jaber Ibrahim e pola escritora galega Noe Martínez, que cun claro xénero biográfico, nos conta unha historia de verdade.
A obra somerxe ao lector nun relato das vivencias máis persoais e dos recordos de infancia e adolescencia de Ghaleb Jaber Ibrahim. Cunha coidada narración, o autor revive con nostalxia un tempo pasado nun doloroso presente marcado pola terrible enfermidade da súa irmán, que padece o alzheimer, e que hai unas semanas falecía en Xordania. Non é máis cunha narración que conta as vivencias deste palestino afincado en Galicia, que nos amosa un texto no que se percibe unha loita contra as adversidades dende a forza dos recordos.
Esta publicación conta coa participación da escritora ourensán Noe Martínez quen irrompeu no panorama literario no ano 2005 coa obra “Señálame un imbécil y me enamoro”, opera prima á que lle seguiron cinco novelas máis, todas elas baixo o denominador común do seu estilo fresco e divertido.
Pola súa parte, Ghaleb Jaber Ibrahim, Licenciado en Medicina pola USC, Doutor en Xornalismo e Máster en Dirección de empresas, é autor tamén dos ensaios “Crónicas de una injusticia” (ano 2002), e “Génesis de Israel” (2004) xunto con outras publicacións sobre o problema do pobo palestino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario