Silleda – ximnasia para maiores

Comezaron as clases de ximnasia e bailes de salón no Centro Social dos Maiores

-Hoxe venres terá lugar o magosto no centro da BandeiraSILLEDA - XIMNASIA PARA MAIORES

Silleda, 4 de novembro de 2011. O xoves día 3 deron comezo no Centro Social dos Maiores de Silleda as clases de ximnasia e bailes de salón para a terceira idade. As sesións de baile celébranse todos os xoves , en horario de 20.15 a 21.30 horas. E as de ximnasia os martes e xoves, de 17.15 a 18.30 horas. Os interesados poden anotarse no centro silledense ou ben chamando ao 986 592037. Nas dependencias do centro social tamén se están a impartir outras actividades como un curso de pintura. 

Ningún comentario: