Máis
de 70 nenos e nenas participan nun campus de patinaxe que se
celebra
en Bertamiráns e Ventín
Os pavillóns Bertamiráns e Ventín acollen estes días un campus
de
patinaxe e hockey no que participan máis de 70 nenos e nenas
de
Ames. Todos os días, entre as nove da mañá e as 14,30 horas,
os
rapaces amienses poden coñecer de preto estes deportes e as
súas
técnicas. Ademais, esta actividade favorece a convivencia
entre os
alumnos e alumnas, que destinan as mañás a facer deporte e
divertirse.
O
obxectivo deste campus, impartido por monitores de Hockey
Compostela,
é dar a coñecer estes deportes e impulsar a convivencia e a
relación entre os rapaces. Deste xeito, os nenos e nenas
aprenden a
patinar a través de xogos e coñecen as normas básicas do hockey.
Ademais, reciben masterclass impartidas por deportistas
profesionais,
que lles achegan as súas experiencias.
O
concelleiro de Educación do Concello de Ames, Bernardo Moar,
estivo
presente na clausura das actividades da primeira quincena e
entregou
as medallas aos rapaces que participaron no campus. O próximo
martes, 31 de xullo, clausurarase a segunda quincena do campus
con
numerosas actividades e partidos. Tanto os monitores como os
rapaces
asistentes amósanse contentos coa experiencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario