BNG Ordes - o BNG esixirá que se cumpla o acordo plenario de reactivación da movida


O BNG ESIXIRÁ AO ALCALDE QUE CUMPRA CO ACORDO DO PLENO PARA A REACTIVACIÓN DA “MOVIDA ORDENSE” 
- Cinco meses despois de que o Pleno aprobase a iniciativa do BNG para crear unha comisión, con participación do concello e dos hosteleiros, co obxectivo de reordenar e facer máis competitivo este sector, o alcalde ainda non ten convocado a mesma.
- Gonzalo Castro lamenta que “o alcalde se negue a apoiar as iniciativas do sector hosteleiro para reactivar o sector do ocio nocturno en Ordes”.

Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, anunciou que o seu partido esixirá no Pleno deste xoves que o alcalde dea cumprimento ao acordo do Pleno da Corporación Municipal, que a iniciativa do BNG, “aprobou impulsar unha comisión con participación de todos os grupos políticos con presenza na Corporación e dos representantes dos hosteleiros, para aprobar un Plan de Reactivación do sector do ocio nocturno en Ordes”.
O portavoz do BNG manifestou que “o alcalde, 5 meses despois dese acordo, segue sen convocar esa comisión para dar solucións e apoio institucional a un sector moi importante para a economía local”.
Castro salientou que “resulta lamentábel que as iniciativas que está a desenolver o sector da hosteleria non conten co apoio expreso do Concello de Ordes, pola desidia do seu alcalde”.
O portavoz do BNG manifestou que “Ordes atópase práticamente a medio camiño entre A Coruña e Santiago, e posue establecementos de primeiro nível, coa emblemática discoteca LP45 á cabeza, isto constitue un potencial que hai que aproveitar, para iso é necesario modernizar a oferta, reiventarse e facer unha aposta clara pola calidade, e o goberno municipal debe implicarse para poñer en valor este gran potencial”.
Para Gonzalo Castro “a comisión deberá aprobar un Plan de Reactivación da Movida Ordense, tendo en conta as propostas do sector da hosteleria, que deben ser apoiadas polo Concello, coa elaboración de campañas de promoción do ocio nocturno en Ordes, baseadas a estratexia de captación de visitantes na aposta pola calidade, a diversificación de ofertas de ocio e a programación de eventos”.
Iniciativa dos hosteleiros para ordenar os horarios
O portavoz do BNG ordense amosou a súa satisfacción “pola iniciativa dos hosteleiros de ordenar os horarios e rematar co solapamento entre os distintos tipos de locais, colaborando para impulsar a movida en torno ao motor da mesma, a discoteca LP45”.

Ningún comentario: