Segue aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades da Semana da Xuventude de Ames, que se celebrará entre o 30 de xullo e o 4 de agosto
A Concellaría de Xuventude organiza unha serie de actividades entre o 30 de xullo e o 4 de agosto para conmemorar a semana da xuventude. Os mozos/as de 14 aos 35 anos poderán participar en obradoiros de inglés para viaxar, redes sociais, busca de emprego, cultura urbana e charlas informativas. Ademais, está programada unha excursión á Pobra do Caramiñal e diversas actividades de deporte de aventura coma o paintball ou o descenso en canoa.
Os interesados e interesadas aínda poden inscribirse para participar nestas actividades. A inscrición pode facerse na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Ames, a través de dúas canles: chamando ao número de teléfono 616 083 229 ou no correo electrónico omix@concellodeames.org.
O Concello de Ames, a través
da concellaría de Xuventude, programou para os próximos días a
semana da xuventude. Entre os días 30 de xullo e 4 de agosto,
os mozos/as de 14 aos 35 anos poderán participar en obradoiros
de inglés para viaxar, redes sociais, busca de emprego,
cultura urbana e charlas informativas. Ademais, está
programada unha excursión á Pobra do Caramiñal e diversas
actividades de deporte de aventura coma o paintball ou o
descenso en canoa. A Dirección Xeral de Xuventude instalará
unha carpa en Tapia onde se poderá obter información sobre os
programas que están dirixidos á mocidade galega.
Os
interesados e interesadas aínda poden inscribirse para
participar nestas actividades. A inscrición pode facerse na
Oficina de Información Xuvenil do Concello de Ames, a través
de dúas canles: chamando ao número de teléfono 616 083 229 ou
no correo electrónico omix@concellodeames.org.
As
actividades da semana da xuventude levaranse a cabo en tres
puntos distintos: nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do
Milladoiro e na praia fluvial de Tapia. A semana da Xuventude
rematará coincidindo coas festas da Madalena no Milladoiro,
que se celebran durante os días 4, 5 e 6 de agosto.
A semana da
xuventude é unha iniciativa dirixida a toda a mocidade amiense
para que ocupe o seu tempo de lecer nas vacación de verán con
actividades lúdicas e formativas. As actividades comezan o
luns 30 de xullo pola mañá cun obradoiro de inglés para
viaxar. Entre as 11:00 e as 12:30 horas a Casa da Cultura do
Milladoiro acolle esta actividade formativa que está dirixida
aos mozos/as que teñen entre 14 e 30 anos. Este obradoiro
desenvolverase entre o luns, 30 de xullo, e o xoves, 2 de
agosto, en horario de mañá.
Por outra
banda, a Aula da Rede de Centros para a Modernización e
Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do
Concello Ames, impartirá dous obradoiros que están dirixidos
aos mozos/as que teñen entre os 14 e os 35 anos. Estes cursos
están destinados a dous grupos diferentes de mozos/as. O curso
de redes sociais está destinado a persoas entre 12 e 20 anos.
Esta actividade realizarse o luns, 30 de xullo, e mércores, 1
de agosto, en horario de 18:30 h a 20:30 horas.
Ademais,
desenvolverase outro curso para aprender a buscar emprego a
través da internet. Esta actividade, que se realizará o
martes, 31 de xullo, e xoves, 2 de agosto, en horario de 10:30
h a 12:30 horas, está destinada a persoas entre 16 e 35 anos.
Esta aula de informática, dependente da Xunta de Galicia,
colabora coa Concellaría da Xuventude para impartir estes dous
obradoiros co obxectivo de ampliar as nocións básicas da
informática e das novas tecnoloxías de todos os mozos e mozas
amienses.
Para o
venres, 3 de agosto, está prevista unha charla informativa
sobre a axuda de 200 euros que proporciona a Xunta de Galicia
para obter o carné de conducir. Esta charla, que está dirixida
aos mozos/as que teñen entre 18 e 30 anos, desenvolverase na
Casa da Cultura do Milladoiro de 11:00 h a 12:00 horas. Xa
pola tarde, haberá un obradoiro de Cultura urbana, que conta
con exhibicións e obradoiros de graffite e de breakdance, para
mozos/as que teñen a partir dos 14 anos. Esta actividade
desenvolverase entre as 17:00 h e as 20:00 horas no
aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.
Actividades
de
deporte de aventura
A
Concellaría de Xuventude tamén organizou diversas actividades
de deporte de aventura coma o paintball ou o descenso en
canoa, que se desenvolverán o martes 31 de xullo na praia
fluvial de Tapia, en horario de tarde, entre as 16:00 h e as
20:00 horas. Os mozos/as que participen no descenso en canoa
sairán dende Portomouro e chegarán a praia fluvial de Tapia.
Os mozos/as que participen na actividade de paintball terán
que pagar as cargas de bolas que son necesarias para xogar a
este deporte de aventura. Cada carga de 100 bolas ten un custo
de 8 euros. Estas actividades están dirixidas aos mozos e
mozas de dos 14 anos en adiante. Ademais, a Dirección Xeral de
Xuventude instalará unha carpa en Tapia onde se poderá obter
información sobre os programas que están dirixidos á mocidade
galega.
Para o
xoves, 2 de agosto, está prevista unha excursión á Pobra do
Caramiñal. Os mozos/as que participen neste excursión darán un
paseo pola ría, participarán nunha ruta en caiac e no banana
split. Tamén participarán nunha actividade de iniciación ao
mergullo con tubo, visitarán as bateas, unha conserveira e o
Faro de Ostreira. Esta actividade ten un custo de 15 euros por
persoa. As dúas únicas actividades que teñen algún custo son o
paintball e a excursión á Pobra do Caramiñal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario