A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, presentou hoxe o programa das festas grandes de Melide, o San Roque 2012
A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, presentou hoxe en rolda de prensa o programa do San Roque 2012, que dará comezo o día 11 de agosto para rematar o día 20.
En palabras da rexente melidá, este é un San Roque diferente a outros, xa que a hostalaría melidá deu o dó de peito nesta ocasión para facer por unha banda o día 13 e 14 da semana de festas á cargo da Asociación de Hostalería de Melide, ademais do día 20, que estará organizado polo grupo Paladium.
Melide 20 de xullo de 2012.- presentouse en rolda de prensa o San Roque 2012, unha semana chea de actividades que darán comezo o día 11 de agosto coa actuación do grupo de rock “Brothers in Band” o auténtico sonido Dire Straits, grupo de música con un auténtico sonido de rock texano en directo que poderá deleitar todo aquel que así o desexe.
Nesta edición das festas, contarase o día 13, 14 e 15 co I Mercado Medieval instalado no casco antigo da vila de Melide onde haberá animación, ambiente medieval, venda de produtos típicos, ao que están convidados todos os veciños artesáns da vila que desexen participar. Isto implicará un atractivo turístico engadido para a semana forte das festas en Melide que se verá amenizado os días 13 e 14 coa orquestra Ciclón e Grupo Triunfo respectivamente, ámbolos dous días organizados pola Asociación de Hostalería de Melide. O día 15 actuará a Orquestra Sinfónica de Melide, neste caso a actuación terá lugar na praza do Convento da vila baixo o título “Bandas Sonoras” no que inclúen alguhas das principais bandas sonoras escritas para a grande pantalla, abordando distintas épocas, nun programa entretido e variado.
Esta actuación está financiada integramente pola Consellería de cultura e a Deputación da Coruña integramente. O 16 amenizará a festa Fania Blanco Show e Orquestra Ismael, con sesión da Banda Artística de Merza e o grupo de música tradicional Herba Grileira. O día 17 o programa corre á cargo da Banda Escola de Música de Beade, Orquestra Gran Parada e a actuación á cargo do grupo Camela. O sábado 18, Día do Río, tentase recuperar unha tradición que comezou o ano pasado de aproveitar á área recreativa de Furelos para unha comida campestre amenizada pola Charanga O Ghusto do Boi, servicio de pulpo e churrasco para todos aqueles que así o desexen para desfrutar pola noite da festa á cargo da Orquestra Sintonía de Vigo e Orquestra Philadelphia.
O domingo 19 haberá un percorrido musical polo casco antigo a cargo dos alumnos do conservatorio, a Banda de Música do conservatorio de Melide, a Banda de Música Isabel II de Touro e o grupo de música tradicional Froito Novo. As orquestras encargadas de amenizar a xornada serán Aché e Armonía Show xunto coa actuación dos chelistas gañadores da edición 2012 de “Tú si que vales”. O peche de festa virá dado pola Orquestra Panorama organizado polo grupo Paladium de Melide que ademáis será o Día do Neno onde se ofrecerán atraccións con desconto para os máis cativos da vila. En palabras da alcaldesa de Melide son unhas festas feitas cun gran esforzo por parte da Asociación de Festas do San Roque xa que son un atractivo máis para dinamizar a economía da vila e para facer de Melide un referente festivo no cerne de Galicia. En total son dez orquestras, catro bandas, dous grupos de música tradicional e dúas atraccións son o balance do San Roque 2012.
Ningún comentario:
Publicar un comentario