O ESQUÍO NO PIÑEIRO E O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZAN UNHA
RUTA SOCIAL EN BICICLETA QUE INCLÚE UNHA RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS
A I Ruta BTT Río Tambre
terá lugar o domingo 9 de setembro e poderán participar 400 ciclistas que
deberán anotarse do 1 ao 31 de agosto no blog rutabttdotambre.blogspot.com
I Ruta BTT Río Tambre
No que atinxe á ruta ciclista, desenvolverase ao longo de 42 quilómetros e
nun 90% do seu trazado por pistas forestais, polo que a esixencia física é
elevada e a dificultade técnica media. Están convocadas un total de 400 prazas,
cunha cuota de inscrición de 10 euros por persoa, que deberán inscribirse no
blog rutabttdotambre.blogspot.com entre o 1 e o 31 de agosto.
O punto de saída e chegada da ruta é o pavillón municipal de Brión, onde ás
8:45 horas se recollerán os dorsais e onde ás 9:30 horas terá lugar a saída. A
ruta transcorre polos montes da zona, levando aos ciclistas dende Pedrouzos ata
a parte alta de Brión, atravesando por camiños da parcelaria anchos e sen
demasiada dificultade para irse achegando ao Rio Tambre, onde os participantes
descubrirán frondosas carballeiras e camiños de pescadores ao lado do rio.
Os ciclistas disfrutarán das estupendas vistas que presenta a ruta en toda a
súa extensión e a gran cantidade de auga, que se pode observar practicamente en
todo o seu percorrido. Logo de pasear polas beiras do Tambre, os participantes
baixarán de novo cara o nucleo muncipal de Pedrouzos usando camiños
practicamente esquecidos polas xentes da zona e que levaban arredor de 30 anos
pechados. Dende “O Esquío no Piñeiro” indican que “esta ruta, malia que conta
cunha dificultade fisica e técnica media, non deixará a nadie indiferente”.
Durante a ruta haberá duas zonas de avituallamento, unha de líquidos e
outra de solidos/líquidos. Así mesmo, no pavillón municipal haberá vestiarios,
duchas, ampla zona de aparcamento e lavado de bicicletas ao finalizar a ruta a
disposición dos participantes. Iso sí, para poder participar é obrigatorio o uso
do casco.

Ningún comentario:
Publicar un comentario