O MULTIUSOS DE FRADES ACOLLE ESTA SEMANA
A EXPOSICIÓN “GALICIA BIODIVERSIDADE”
O multiusos José Botana do Concello de Frades
acolle ata o vindeiro 27 de xullo a exposición “Galicia biodiversidade”, froito
da colaboración entre a Obra Social de “La Caixa”, o Concello de Frades e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. “Galicia biodiversidade” consta dunha serie de
paneis informativos nos que se recolle a diversidade de especies animais e
vexetais que podemos atopar en Galicia, así como os distintos ecosistemas que
habitan.
En Galicia existen unhas 20.000 especies animais e vexetais, que aproveitan
os distintos hábitats galegos. Esta mostra poderá visitarse de xeito totalmente
gratuito no multiusos José Botana, a carón do Concello de Frades, en horario de
9 a 15:00 horas antes do venres 27 de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario