NEIRA VILAS, MANUEL
BRAGADO, VICTOR FREIXANES, FRANCISCO JORQUERA, TERESA MOURE, SUSO DE TORO E CAMILO
NOGUEIRA
PARTICIPAN NA GALERIA
DAS LETRAS
A
MÚSICA DE SÉS, A CADA CANTO E TERBUTALINA PECHA O FESTIGAL NO DIA DA PATRIA
GALEGA
Santiago de Compostela, 24 de xullo
de 2012. A música e
a cultura galegas volverán ser protagonistas na segunda xornada do festigal
2012 o mércores 25 de xullo. A
Galeria das Letras contará coa presenza de Xosé
Neira Vilas, Camilo Nogueira, Suso de Toro, Valentim Fagim, Manuel Bragado,
Victor Freixanes ou Teresa Moure, entre outros. O candidato do BNG á Xunta de Galicia, Francisco Jorquera, acompañará ao catedrático da USC Xavier Vence na presentación do seu
libro “Crise e radicalización neoliberal”.
O
Dia da Patria Galega pecharase no Campus Sur de Compostela cos concertos de De Outra Margem, da cantante SÉS, do cuarteto “a Cada Canto”, integrado por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme
Fernández e Xosé Lois Romero, e TERBUTALINA.
Previamente, no Café Concerto e a partir das 5 da tarde poderase desfrutar
de curtametraxes premiadas no Festival
de Cans e da música de Alvariza e
Cantata Vernácula. A oferta musical complétase cos pasarrúas de grupos de
música tradicional galega como Os
Carapaus e Os Minhotos que
actuarán durante o día polo recinto do Festigal e na zona de xantar.
A
tarde do Gia da Patria Galega estará tamén animada cunha feira do libro, un
espazo de venda de música galega, máis
de 60 postos de artesanía, tendas e asociacións socioculturais e unha Galeria
da Cultura tradicional, da Asociación de Gaiteiros galegos, onde desfrutar de
treboadas e regueifas. Para os máis cativos, ademáis de xogos e obradoiros,
haberá teatro de rúa con Os Quinquilláns, monicreques con Babaluba e música, ás
19:15h, con Pirilampo.
A undécima edición do Festigal, organizado
por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, conta coma sempre cun espazo para
o debate de ideas. Desta volta préstase atención á defensa das liberdades
democráticas da man de Fernando Blanco Arce, presidente de ESCULCA, Antolín
Alcántara, sindicalista da CIG e Rubén Cela, portavoz municipal do BNG en
Compostela. O mércores 25 ás 7 da tarde na Galeria das Ideas.
A programación completa pódese descargar en
www.festigal.com.
Información complementaria
en http://www.facebook.com/ofestigal
e twitter
Ningún comentario:
Publicar un comentario