O PP de Ames suprime o acto
institucional do Día de Galicia
(Ames 23-07-2012) O Goberno de Ames suprimiu o
acto institucional do Día de Galicia que se celebraba desde 2003. O Partido
Popular mostra o seu desprezo aos lugares de encontro cidadán e institucional
na defensa da identidade común. O PP tenlle medo a cidadanía e aos actos
públicos, sabedor da resposta social as medidas contrarias á maioría
social.
Ames sempre Galicia foi o lema que presidiu desde 2003 a celebración do día no que nos
recoñecemos o conxunto das galegas e galegos. Todos os anos arredor do 25 de
xullo o Concello de Ames realizaba un acto institucional aberto á toda a
sociedade amesá, no que participaban os membros da corporación e ao que
estaban convidadas todas asociacións e personalidades do noso municipio. A
instauración do Día de Galicia sempre foi concibido como un lugar de
encontro cidadán que recoñecía o que nos é común, a identidade galega como
un proxecto común, a todas as ideoloxías e a toda a sociedade.
Aínda o pasado ano 2011, baixo o goberno do PP,
tivo lugar o acto de celebración do día de Galicia. Neste ano pretende
rematar cunha práctica asentada entre nós e apreciada pola cidadanía
amesá: a celebración do Día de Galicia tiña o valor do recoñecemento e
orgullo de aqueles elementos que nos unen como comunidade, e a aposta de
Ames por contribuír a ese patrimonio común; ao tempo que era o único acto de
encontro cívico no que a representación política municipal se xuntaba co tecido
civil e social de Ames. O goberno Popular despreza un acto que afirmaba o
galeguismo compartido e o encontro cívico da sociedade amesá.
Esta manifestación de desidia e desprezo
ten que ver co medo á cidadanía que está demostrando o goberno Popular. Saben
que as súas decisións do PP son impopulares e teñen resposta social, a
cidadanía xa non está resignada e non cala como eles pensaban. O
goberno de Ames é consciente da resposta da veciñanza en contra do cobro
retroactivo do lixo no rural, o que está provocando que o goberno evite o
contacto público. O PP escóndese nos despachos e esquiva os actos públicos
nos que prevén a presenza dos veciños contra a taxa do lixo, esta é unha
práctica que levan facendo desde hai meses. Saben que boa parte da cidadanía
retiroulles o seu apoio, e téñenlle medo á xente. Hai tempo que o
PP deixou de ser un partido popular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario