Tordoia - medalla de honra o cura párroco de Viladabade


TORDOIA OUTORGA A MEDALLA DE HONRA AO CURA PÁRROCO DE VILADABE E ANDOIO, JOSÉ FONTENLA, POLO SEU MEDIO SÉCULO DE SERVIZO
 Esta mañá fíxoselle entrega dunha placa e un pin conmemorativo da homenaxe recibida

 O Concello de Tordoia homenaxeou esta mañá  ao cura párroco José Fontenla Fernández coa entrega da Medalla de Honra coa que o municipio ofrécelle un recoñecemento a este sacerdote que desde hai medio século desenvolve as súas tarefas espirituais nas parroquias de Viladabade e Andoio.

Segundo explicou o alcalde do Concello, Antonio Pereiro, toda a corporación municipal estivo de acordo en outorgar esta distinción a José Fontenla que leva desenvolvemento a súa labor pastoral de maneira ininterrumpida en Tordoia desde 1962, primeiro na parroquia de Viladabade e, desde febreiro 2004, na parroquia de Andoio.

Durante o acto de homenaxe, Pereiro lembrou que José Fontenla demostrou unha entrega absoluta aos seus conveciños, non só no ámbito espirtitual senón tamén no que atinxiu ás necesidades sociais, culturais e humanitarias de moitas familias destas parroquias. Ademais, “foi colaborador activo con este concello na execución e apertura de infraestruturas na parroquia que supuxeron unha mellora das condicións de vida dos seus veciños e foi parte fundamental na sinatura dos convenios de colaboración para a reparación da Capela de Tibiáns, a Igrexa parroquial e a Casa Reitoral”, explicou o rexedor tordoiés. José Fontenla amosouse emocionado e moi agradecido por un recoñecemento que consideraba non merecer, “xa que hai moitos que tamén traballaron para seren merecedores del”.

Ningún comentario: