A ordenanza que regula o ICIO incluirá
tarifas unitarias para as licenzas de obra menor
-A proposta, que se debatirá no pleno de hoxe, non varía as taxas existentes, que se manteñen no 2.25%
do orzamento das obras. Só engade un anexo cos novos prezos para calcular o
orzamento que debe presentarse á hora de solicitar licenza de obras menores
-“Con esta medida pretendemos que o
pagamento do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras sexa máis xusto
e que paguen o mesmo aqueles que cumpren a normativa que os que manipulan os orzamentos á baixa
para pagar menos”, sinala a alcaldesa e concelleira de Urbanismo, Paula
Fernández Pena
A orde do día do pleno de hoxe inclue tamén a modificación da ordenanza que regula o Imposto sobre
Construccións, Instalacións e Obras (ICIO). O prezo público, fixado nun 2,250 %
sobre o orzamento das obras non se
varían “para que non supoña un impedimento a quen desexe construir” pero si se
inclue na normativa municipal un anexo
cunha serie de tarifas unitarias para as licenzas de obras menores. A través
destas tarifas, as persoas que soliciten unha licenza de obra menor poderán calcular o orzamento de execución das
obras.
Con esta iniciativa, a
alcaldesa e responsable do departamento
de Urbanismo, Paula Fernández Pena, explica que se busca un pagamento
“máis xusto deste imposto, xa que non é de recibo que uns cumplan a lei e
outros manipulen á baixa o orzamento da obra a realizar para pagar menos
impostos”, engade.
Esta homexeización das taxas está tamén ligada ás medidas postas
en marcha ao principio da lexislatura para que todos aqueles veciños
regularicen as súas obras e tramiten a correspondente licenza municipal, por
pequena que sexa a actuación, para
evitar denuncias entre particulares “e
que todas as obras se realicen dentro do marco legal”, engade a rexedora. A
ordenanza inclue tamén unha serie de bonificacións. Así, ademais da bonificación
do
95%
da
cota
do
imposto
para obras declaradas de especial interese ou utilidade municipal
por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración
ou a do 50% para as vivendas de
protección autonómica, a normativa
inclue novos descontos.
Haberá bonificacións do 25% para as
obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos
discapacitados/as en edificacións xa existentes, salvo cando a eliminación de barreiras
arquitectónicas sexa obrigatoria a tenor da normativa específica vixente en
cada momento.
“Cremos que se trata dunha iniciativa
que mellorará o funcionamento do departamento de Urbanismo e sobre todo, dará
máis equidade aos veciños e veciñas de Silleda á hora de abonar as taxas por
licenzas de obras menores”, engade a rexidora. Paula Fernández incide en que se
mantén o tipo de gravame, debendo pagar os solicitantes das licenzas o 2,25% do
orzamento de execución material, igual que ata o de agora, “sobre todo tendo en
conta os tempos que estamos a vivir, e a situación de sectores coma o da
construcción”, sinala.
ANEXO.
PREZOS DAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES CONSTRUTIVAS. OBRAS MENORES
|
PRECIOS DAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES CONSTRUTIVAS_ Obras
menores
|
||
|
ALBANELERÍA
|
|
|
|
Formigón en masa
|
99,19
|
€/m3
|
|
Soleira
|
24,31
|
€/m2
|
|
CARPINTERÍA
|
|
|
|
Porta de entrada
|
288,30
|
€/ud
|
|
Porta interior
|
117,83
|
€/ud
|
|
Fiestra
|
161,54
|
€/m2
|
|
Fiestra en plano de tellado
|
167,43
|
€/m2
|
|
Fronte de portal
|
129,37
|
€/m2
|
|
CUBERTAS
|
|
|
|
Demolición de cuberta de
fibrocemento
|
2,76
|
€/m2
|
|
Demolición de cuberta de tella
|
5,04
|
€/m2
|
|
Cuberta de fibrocemento
|
20,34
|
€/m2
|
|
Cuberta de tella
|
33.34
|
€/m2
|
|
Substitución de tella por
fibrocemento
|
19,03
|
€/m2
|
|
Substitución de tella por tella
|
34,62
|
€/m2
|
|
Substitución de tella por
fibrocemento e tella
|
46,39
|
€/m2
|
|
DEMOLICIÓNS
|
|
|
|
Demolición de muros
|
16,38
|
€/m2
|
|
Demolición de tabiques
|
9,74
|
€/m2
|
|
Levantado de solainas
|
5,71
|
€/m2
|
|
Picado de azulexados e
revestimentos
|
7,62
|
€/m2
|
|
Demolición de forxados
|
96,23
|
€/m2
|
|
Demolición completa
|
4,17
|
€/m2
|
|
DEPURACIÓN
|
|
|
|
Fosa séptica e pozo filtrante
|
1369,5
|
€/ud
|
|
Fosa de xurro
|
285,81
|
€/m2
|
|
GALPÓNS
|
|
|
|
Galpón de bloque ou ladrillo
|
155,94
|
€/m2
|
|
PRECIOS DAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES CONSTRUTIVAS_ Obras
menores
|
||
|
INSTALACIÓNS
|
|
|
|
Instalación en aseo (sen aparatos)
|
167,43
|
€/ud
|
|
Instalacións en baños (sen
aparatos)
|
220,69
|
€/ud
|
|
Instalación de cociña
|
190,18
|
€/ud
|
|
Inodoro
|
205,43
|
€/ud
|
|
Bañeira
|
182,58
|
€/ud
|
|
Instalación de electricidade
|
1369,5
|
€/ud
|
|
MOVEMENTO DE TERRAS
|
|
|
|
Escavación de gabias
|
14,04
|
€/m2
|
|
Escavación de vaciados
|
4,55
|
€/m2
|
|
Recheo de gabias
|
24,33
|
€/m2
|
|
Recheo a ceo aberto
|
13,66
|
€/m2
|
|
Carga e transporte de terras a
vertedoiro
|
7,00
|
€/m2
|
|
MUROS DE CONTENCIÓN
|
|
|
|
Muro de contención de mampostería
|
154,67
|
€/m3
|
|
Muro de contención de formigón
armado
|
124,37
|
€/m3
|
|
PECHES DE PARCELAS
|
|
|
|
Malla metálica sobre dúas fiadas
de bloque revestido con morteiro e pintado
|
39,39
|
€/m
|
|
Malla metálica de 1,5 m de alto
|
13,56
|
€/m
|
|
Muro de fábrica de granito 2 caras
vistas
|
252,84
|
€/m3
|
|
Muro de fábrica de granito 1 cara
vista
|
231,58
|
€/m3
|
|
Muro de bloque de formigón para
revestir por ambas caras, altura 1 m
|
55,36
|
€/m
|
|
PINTURAS
|
|
|
|
Pintura interior
|
4,53
|
€/m2
|
|
Pintura exterior
|
9,25
|
€/m2
|
|
TUBOS PARA PASO
|
|
|
|
Tubo de paso para entrada a fincas
|
46,16
|
€/m
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario