Silleda - o goberno leva a pleno as tasas por expedición de documentos e servizos urbanísticos



-A alcaldesa, Paula Fernández, incide en que os prezos públicos son para cubrir os gastos de papelería na emisión dos certificados


-Coa administración electrónica   serán todos gratutitos  e aqueles usuarios  que non dispoñan de equipos informáticos  nin conexión a Internet  terán unha bonificación do 50% no caso de imprimir certificados  dixitais


Silleda, 25 de xullo de 2012. O goberno municipal de Silleda inclue unha nova ordenanza na orde do día do pleno ordinario, que terá lugar o hoxe ás 20.00 horas. Trátasa da ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición documentos administrativos e servizos urbanísticos. Esta normativa municipal establece unha serie de taxas pola tramitación de toda clase de documentos expedidos no Concello.
Quedarán exentos do pagamento  os documentos  necesarios para o cumprimento das obrigas fiscais, consultas tributarias os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servizos ou realización de actividades de competencia municipal e a utilización privativa ou aproveitamento especial de bens do dominio público municipal, que estén gravados por outra taxa municipal ou polos que esixa un prezo público este Concello, así como os que se expidan en virtude de oficio de xulgados ou tribunais de xustiza.


A taxas divídese en tres grupos

Documentos expedidos pola policía local
Documentos expedidos polo departamento de urbanism
Certificados


No caso da emisión de certificados a alcaldesa e responsable dos departamentos de Facenda e Urbanismo, Paula Fernández, reitera que o cobro destas taxas  “só van a garantizar que se poidan cubrir os gastos de papelería que se xeneran coa emisión de certificados e outros documentos”.
De feito, segundo explica Paula Fernández, todos aqueles documentos que se emitan a través da e-administración ou administración electrónica serán gratuitos para o contribuínte. Ademais, nos casos en que os usuarios non dispoñan de equipos informáticos ou conexión a Internet, terán un desconto do 50% nas taxas á hora de imprimir os documentos.

No caso das tarifas relativas ao departamento de Urbanismo, “nas que a filosofía é a mesma, garantizar que se poidan cubrir os gastos que xenera  a tramitación de expedientes, realización de copias e outros trámites”, engade. As taxas estabrécense en función da natureza dos documentos.

No caso dos documentos expedidos pola policía local, as tarifas máis cuantiosas corresponden aos atestados policiais, cuxo pagamento deberán de realizar as compañías aseguradoras. Quedan prácticamente exentos de pagamento os informes da policía referidos a solicitude de xustiza gratuíta e de desprazamentos por hospitalización ou rehabilitación








Os usuarios deberán de cubrir un impreso no momento de solicitar a tramitación dos documentos ou expedientes. As tarifas  recollidas na ordenanza son as seguintes:

        • POR DOCUMENTOS EXPEDIDOS POLA POLICIA LOCAL

1.1 Atestados (danos en bens privados)    …………………………………………80 €
1.2 Outros informes………………………………………………………………..30 €

Terán unha bonificación do 95% os informes necesarios para solicitar xustiza gratuita  e para as axudas de transporte sanitario.

  


        POR DOCUMENTOS EXPEDIDOS NO DEPARTAMENTO DE URBANISMO

2.1  Por  expedición  de  cédulas  urbanísticas,  informes  urbanísticos  e  certificados relativos  ó planeamento urbanístico............................................................................60,00€

2.2 Por licencias municipais de segregación e parcelación
a) En solo urbano ou urbanizable........................................................................120,20€
b) En solo rústico.................................................................................................60,10€

2.3 Licenza de parcelamento urbanístico. Por cada parcela resultante........................................ 45,00 €

2.4 Transmisión de licenza……        36€

2.5 Autorizacións previas en solo non urbanizable (sen incluír  prezo do anuncio en prensa). ...………………………..56,00 €
2.6 Solicitude de declaración de ruina…..245€

2.7 Solicitude de tramitación de figuras de planeamento de iniciativa particular:

A cota a satisfacer será a resultante do seguinte cálculo:
 (Superficie do solo en m2 x proposta edificable x 0,06 €./m2) + (superficie do solo en m2 x 0,03 €./m2)

2.8 Por tramitación de proxecto de execución que desenvolva un proxecto básico
que xa obtivera licenza  e, sempre e cando, o presuposto de  execución coincida co
presuposto básico. Cota única por unidade................................................................................. 199,00€

2.9 Por copias dixitalizadas do PXOM
          a) completas …………………  25,00 €
          b) Por tomo…………………  10,00 €
          c) Por calquera unidade inferior a un tomo………5,00 €

2.10 Copia de cartografia
a) en papel opaco DIN A3 ou DIN A4 en branco ou negro…………………….. 0.50 €/ud
b) copia de cartografia dixitalizada……………………………………………..  5,00 €

Non estarán suxeitas a Ordenanza as segregacións ou parcelacións que teñan por obxecto única e exclusivamente a dos terreos obxecto de cesión obrigatoria e gratuíta.


        CERTIFICACIONS

3.1 Por  expedición  de  certificacións de acordos municipais
a) do ano en curso.......................................................................................5,00€
b) de anos anteriores………………………………………….…   8,00  €

3.2  Por recoñecemento de poderes notariais …….………………… 8,00  €



3.3  Por cotexo de documentos
            a)  primeira folla……………………………………………………….......................1,00  €
            b)  segunda e seguintes……………………………………………………………….0,30  €

3.4  Certificados de empadroamento, convivencia e residencia……………………………1,00 €

3.5  Certificados de antigüedad de empadroamento………………………………………..3,00 €

3.6  Certificacións doutros documentos non comprendidos anteriormente…………….….. 5,00 €

3.7  Outros informes emitidos polo persoal técnico municipal……………………………..5,00 €

Tódolos documentos que se emitan por e-administración terán carácter gratuíto. No caso de non poder acceder a rede e soliciten a impresión  dos certificados dixitais no concello o prezo dos mesmos bonificaranse cunha reducción do 50 %

Ningún comentario: