O
Goberno de Ames apraza o debate dos orzamentos co obxectivo de
que os
técnicos estuden as emendas presentadas e para abrir unha vía
de
negociación e diálogo
O alcalde de Ames, Santiago Amor, decidiu onte, durante a
sesión
plenaria, aprazar o debate dos orzamentos municipais para 2012
co
obxectivo de que os técnicos municipais poidan analizar e
estudar
con detalle as emendas presentadas polos grupos da oposición
no
mesmo momento do debate. O Goberno estudará as emendas e
abrirá un proceso de diálogo e negociación coa oposición.
O
rexedor considerou que as emendas, que inciden moi directamente
en
contidos importantes do orzamento, precisan ir acompañadas de
informes técnicos, polo que optou por deixar sobre a mesa este
punto
para abordalo nunha próxima sesión plenaria. O obxectivo desta
decisión é iniciar unha vía de negociación e diálogo sobre os
orzamentos.
Acto
seguido, o pleno continuou coa aprobación dunha operación de
crédito de
70.212,16 euros, correspondente á segunda fase do sistema de
pago a
provedores e que foi formalizada hoxe coa entidade bancaria. O
Instituto de Crédito Oficial
(ICO) autorizou esta operación, que ten como obxectivo financiar
o
pago das facturas dos provedores que, incluídos na relación
inicial, non comunicaron a súa vontade de participar no
procedemento
ata a segunda fase.
Ademais, autorizouse a
prórroga
dun ano do contrato de xestión da piscina cuberta municipal de A
Telleira. A empresa concesionaria asumirá unha obra de reforma
das
distribucións dos espazos, realizando unha serie de obras de
reforma
que permiten a ampliación da sala de fitness ata unha superficie
de
236 metros cadrados e na que se situarán os aparellos de
orientación
cardio-respiratoria e os de orientación muscular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario