O Concello de Ames fai unha aposta polo apoio ao
emprendemento e o fomento de actividades comerciais, na que se
inclúen convenios coas asociacións de comerciantes
O concelleiro de Promoción
Económica, Bernardo Moar, destaca o “importantísimo esforzo
que se está levando a cabo no apoio ao emprendemento e na
posta en marcha de fórmulas de emprego e autoemprego”.
Moar subliña que “nunca se
fixera un esforzo tan significativo, que é especialmente
importante na actual conxuntura económica”. “O Concello de
Ames traballa para apoiar aos comerciantes amienses, para que
desenvolvan actividades e poidan aumentar o seu número de
clientes”, engadiu.
O Goberno amiense foi
consciente á hora de elaborar os orzamentos das dificultades
que atravesan no actual contexto económico os pequenos
empresarios do municipio. Por esta razón, no orzamento de 2012
contémplanse diferentes subvencións pensadas para o comercio e
o fomento do emprego neste sector. O Concello considera que
“este esforzo é imprescindible no actual momento económico, no
que se debe prestar un maior apoio ao tecido empresarial da
zona”.
O orzamento deseñado para
2012 polo Concello de Ames fai un especial esforzo para o
fomento do emprego, do emprendemento e das actividades
comerciais do municipio. Máis concretamente, só en axudas
para o comercio e ao fomento do emprego destínanse máis de
72.000 euros. Deste total, 35.556 euros están consignados a
convenios coas asociacións de comerciantes de Ames.
O concelleiro de Promoción
Económica, Bernardo Moar, destaca o “importantísimo esforzo que
se está levando a cabo no apoio ao emprendemento e na posta en
marcha de fórmulas de emprego e autoemprego”. Moar subliña que
“nunca se fixera un esforzo tan significativo, que é
especialmente importante na actual conxuntura económica”. “O
Concello de Ames traballa para apoiar aos comerciantes amienses,
para que desenvolvan actividades e poidan aumentar o seu número
de clientes”, engadiu.
Deste xeito, o comercio amiense
recibirá 65.000 euros. Dese total, no que se contemplan as
axudas, destínanse 10.000 euros á Feira do Comercio Val da Mahía
e outros 10.000 para unha campaña de promoción do comercio coa
asociación AEMI. Os orzamentos de 2012 tamén inclúen outras
partidas para a subvención de actividades innovadoras (10.000
euros), nas que se inclúe as actividades de apoio á fidelización
dos clientes. Neste apoio aos comerciantes e empresarios, tamén
se destinarán 1.500 euros para o concurso de escaparatismo e
3.200 para accións do sector hostaleiro.
O Goberno amiense foi consciente á hora de elaborar os
orzamentos das dificultades que atravesan no actual contexto
económico os pequenos empresarios do municipio. Por esta razón,
no orzamento de 2012 contémplanse diferentes subvencións
pensadas para o comercio e o fomento do emprego neste sector. O
Concello considera que “este esforzo é imprescindible no actual
momento económico, no que se debe prestar un maior apoio ao
tecido empresarial da zona”.
Os orzamentos de 2012 tamén inclúen á aposta do Concello de Ames pola formación para o emprego. Neste eido, resérvanse 42.000 euros en concepto de aportación municipal ao obradoiro de emprego. Ademais, consígnanse 10.000 euros para levar a cabo as obras de adecuación do Centro de Formación Aldea Nova e 35.000 euros para a convocatoria de achegas da Rede Comercia.
O Concello de Ames tamén solicitou a posta en marcha da
sexta edición de InserAmes, co fin de dar formación a 72
participantes e facilitar a accesibilidade ao mercado laboral
das persoas que non teñen emprego.
A pesar de que a situación económica non é óptima o
Concello de Ames está contribuíndo, a través destas actividades,
á posta en marcha de diferentes ferramentas para fomentar o
emprego entre a cidadanía amiense que se encontra en situación
de desemprego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario