Ordes - resumo pleno de xullo


O pleno de Ordes aproba o mantemento da oficina do rexistro da Propiedade como oficina liquidadora de tasas e impostos
Na sesión o popular o Luis Caamaño tomou posesión do cargo de concelleiro

 A sesión do pleno municipal de Ordes abriu onte coa toma de posesión do cargo de concelleiro por parte de Luis Caamaño Fraga, membro do PP. A continuación e de maneira unánime aprobáronse os puntos referentes á creación e modificación dos ficheiros de datos persoais co fin de cumplir coa normativa de protección de datos, así como a delegación á Deputación Provincial da xestión, liquidación, inspección e recadación dos vados ubicados no municipio.

     O turno de debates abriuse co punto cuarto da orden do día na que se defendía o mantemento da oficina do Rexistro da Propiedade de Ordes como oficiña liquidadora de diferentes tasas e impostos. Un apoio que dende o equipo de Goberno se xustificou tanto pola súa labor de asesoramento e punto informativo, como polo beneficio económico que supón para o texido comercial e hosteleiro da vila. Pola súa banda o PP solicitou o mantemento destas dependencias pero eximíndoas das funcións relacionadas coas transaccións económicas. Os 10 votos a favor de UXO, PSOE, BNG e CIDEGA e as abstencións do PP traducíronse nunha aprobación da moción presentada polo Goberno ordense.

     Outra moción que prosperou por 9 votos foi a presentada polos socialistas, na que se solicitaba un descenso do 5% das asignacións que reciben os concelleiros pola súa asistencia ás comisións informativas ou xuntas de goberno. Contou cos votos do PSOE, UXO, CIDEGA e cas abstencións de PP e Bloque. Precisamente estas dúas formacións viron como se rexeitaba a urxencia de debatir as súas propostas sobre este mesmo tema. Os populares, entre outras modificacións, solicitaban unha asignación de 60 euros pola asistencia a este tipo de comisións mentres que o BNG defendía o uso do voto ponderado para reducir o número de asistentes e dietas por convocatoria. A voceira Silvia Marín quiso destacar que “a corporación de Ordes é das poucas que tan só mantén unha dedicación exclusiva, a do alcalde, o que supón uha actitude coherente cos tempos de crise que atravesa o país”.

     Unha vez maís volveuse a falar da rolda leste, máis concretemente da rotonda de auga que dende a súa inauguración está instalada na N 550 á altura da entrada do polígono industrial de Merelle e da estrada que une Ordes con Cerceda. Por unanimidade decidiuse reclamarlle ó Ministerio de Fomento a inmediata construcción deste enlace e finalizar coa provisionalidade existente, así como a correcta finalización da seguda fase desta rolda con dirección a Cerceda.

Manuel Regos, alcalde de Ordes, solicitou que a moción presentada polo PSOE en defensa do sector leiteiro e dos prezos do leite se ampliase ea todos os grupos e que se presentara como tal. Un chamamento que foi atendido por todos e que o PP pediu que se ampliase tamén ó sector cárnico.

     Por 9 votos a favor (UXO, BNG, PSOE) e as abstencións dos populares e CIDEGA, os nacionalistas viron aprobada a súa proposta na que se reclamaba á Xunta que rexeitase a reducción de concelleiros e de competencias das corporacións municipais. Os nacionalistas criticaron enérxicamente á actuación das deputacións ás que tildaron de partidistas e de favorecer ós concellos gobernados polo PP. Cifraron en 400 millóns o aforro no caso de ser suprimidas e de agravio contra o pluralismo político no caso de ver reducido o número de ediles. Outra moción presentada polo BNG facía referencia á execución inmediata de varias obras incluidas no POS. Unha proposta que non prosperou xa que estas intervencións realizaranse en breve seguindo os prazos estipulados pola Deputación , ademáis de estar todavía dentro do prazo permitido.

     Pola súa banda o PP demandou obras de mellora no polideportivo Campomaior, unha infraestructura municipal empregada polos alumnos do centro académico que leva o mesmo nome. A moción non prosperou xa que tal e como defendeu Marín dende o Concello se leva demendando insistentemente dende hai anos á Xunta unha serie de obras de mellora de urxencia no centro académico que conlevarían a construcción dun ximnasio e outras infraestructuras como cubertas e un comedor entre outras. Unha demanda que continúa levándose a cabo tanto por parte de UXO, como do PSOE e BNG. A edil destacou tamén que con presuposto municipal xa se acometeron obras no centro escolar, en exercicios anteriores, para beneficio dos alumnos.

Ningún comentario: