Un
total de 18 nenos e nenas de Ames participaron nos campamentos
deportivos que oferta a Deputación da Coruña
Un total de 18 rapaces de entre 9 e 13 anos do concello de
Ames
gozaron estes días das actividades programadas nos campamentos
deportivos que organiza a Deputación da Coruña. No marco desta
actividade, os nenos e nenas puideron realizar deportes como o
golf e
a vela e levaron a cabo actividades culturais e de
convivencia.
Un
ano máis, a Deputación da Coruña organizou para xullo, entre os
días 1 e 21 deste mes, un programa de campamentos deportivos
destinado a todos os nenos e nenas dos concellos da provincia.
Do
concello de Ames participaron un total de 18 rapaces, que se
aloxaron
no colexio Calvo de Sotelo da Coruña e gozaron das actividades
programadas.
O
campamento concentrou dous deportes preferentes: o golf e a
vela. No
caso do golf, houbo tres xornadas que se desenvolveron nun campo
regulamentario de ata nove furados, e para a vela celebráronse
dúas
xornadas nas que se desenvolveron saídas ó mar para realizar
actividades de navegación. O campamento tamén ofreceu
actividades
deportivas complementarias como o tenis, o balón volea na praia,
as
olimpíadas da paz, xogos cooperativos e de praia, entre outros.
Pero
a oferta non só foi deportiva neste mes de xullo, senón tamén
cultural, xa que os participantes puideron compaxinar deporte
máis
cultura. Realizáronse actividades e xogos que contiveron
elementos
que fomentan a comunicación, o intercambio de experiencias, a
convivencia e o respecto polos demais. Tamén se realizaron
visitas a
centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario