O próximo 29 de xullo o
recinto feiral de Mesón do Vento acollerá a XX Feira de Cans de Caza
O programa inclúe unha degustación gratuita de caza nos establecementos da
zona. O prazo de inscrición e reserva de xaulas todavía permanece aberto
O recinto feiral de Mesón do Vento volverá a acoller
un ano máis unha nova edición da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello
de Ordes. Unha cita que xa conta no seu haber con XX edicións e que cada ano incrementa
o número de participantes, visitantes e animais expostos. Concretamente será o
vindeiro domingo 29 de xullo cando teña lugar este evento que cada ano atrae
ata a parroquia de Ardemil a centenares de cazadores e milleiros de persoas amantes
dos cans.
O
programa previsto arrancará ás 8.30 horas coa apertura da exposición canina.
Entre todos os animais expostos, empregados tanto para a modalidade de caza
maior e menor, un xurado formado por varios expertos escollerá ós mellores
exemplares de cada raza. Beagles, sabuesos, weimaraners, bassets, setters,
bracos, perdigueros ou mestizos foron son algunhas das razas que se poderán
contemplar este ano, entre as que xa hai máis de 25 inscritas. Neste aspecto
cabe sinalar a presencia e a gran variedade de cans adicados á seguir o rastro
do xabarín ou ben á captura de perdices e coellos. Os gañadores de cada
modalidade recibirán, ademáis dun diploma acreditativo unha placa conmemorativa
e un lote de pienso, donados pola armería Pino, de Ordes e Bisbarra Agrícola,
de Betanzos.
De feito a Feira de Cans de Caza de Mesón do Vento está catalogada pola
prensa especializada como a mellor de todo o Noroeste penínsular e unha das
mellores de España,superando o ano pasado os 1.500 animais. Por número de
participantes destacan, ademáis da comunidade galega, as de Castela León e
Asturias.
Outro
dos atractivos desta convocatoria é a degustación gratuita de caza polos bares
e establecementos hosteleiros da zona. Un ano máis o Concello de Ordes
participa e colabora activamente na posta en marcha desta feira, cuxo prazo de
inscrición e de reserva de xaulas estará aberto ata última hora do próximo
venres sen coste algún para os interesados. Para elo basta con chamar ó
teléfono 689 550728.
Ningún comentario:
Publicar un comentario