Obradoiros culturais, deporte e
actividades ó aire libre destacan no programa municipal de verán de
conciliación
Máis de 70 rapaces e rapazas entre 3
e 12 anos participan de luns a venres neste programa, que combina a didáctica e
a integración con aspectos lídicos
Máis de 70
rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos están a
desfrutar e aproveitar o verán ó máximo grazas ás actividades de conciliación.
Un programa lúdico e didáctico emprendido polo Concello de Ordes e que se
desenvolve de luns a venres durante os meses de xullo e agosto coincidindo coas
vacacións estivais.
O local
social municipal é o escenario habitual para os máis cativos. Alí están a desenvolver
estas semanas un particular viaxe pola historia da humanidade que os está a
levar pola Prehistoria, a Idade Media, Moderna e Contemporánea, así como por
lugares e culturas tan influintes como a grega, a romana ou a exipcia. Para elo
contan cun compañeiro moi especial que todos adoptaron rápidamente como a súa
mascota. Leonardo é un cocodrilo que sempre está presente nas súas viaxes
virtuais e imaxinarias. Festas de disfraces, construcción de pirámides,
brazaletes ou sarcófagos, realización e pinteado de cabaliños de Troia, etc,
con algunhas das actividades realizadas
ata o momento.
Por outra
banda as instalacións do colexio Campomaior albergan as actividades dos
usuarios de 6 a
12 anos. Unhas xornadas nas que a actividade física, os obradoiros e o deporte
ocupan a maior parte do seu tempo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario