Ordes - mañán XX feira de Cans de Caza en Mesón do Vento


Mesón do Vento acollerá a XX Feira de Cans de Caza este próximo domingo con máis de 1.500 exemplares
A prensa especializada califica este evento como o máis importantes do Noroeste peninsular. Tamén haberá unha degustación gratuita nos bares da zona

Este próximo domingo o recinto feiral de Mesón do Vento volverá a acoller un ano máis unha nova edición da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello de Ordes. Unha cita que xa conta no seu haber con XX edicións e que cada ano incrementa o número de participantes, visitantes e animais expostos.


     O programa arrancará ás 8.30 horas coa apertura da exposición canina. Entre todos os animais expostos, empregados tanto para a modalidade de caza maior e menor, un xurado formado por varios expertos escollerá ós mellores exemplares de cada raza. Beagles, sabuesos, weimaraners, bassets, setters, bracos, perdigueros ou mestizos foron son algunhas das razas que se poderán contemplar este ano, entre as que xa hai máis de 25 inscritas. Neste aspecto cabe sinalar a presencia e a gran variedade de cans adicados á seguir o rastro do xabarín ou ben á captura de perdices e coellos. Os gañadores de cada modalidade recibirán, ademáis dun diploma acreditativo unha placa conmemorativa e un lote de pienso, donados pola armería Pino, de Ordes e Bisbarra Agrícola, de Betanzos. Ademáis tamén haberá unha degustación gratuita de caza nos bares e establecementos da zona.

     A Feira de Cans de Caza de Mesón do Vento está catalogada pola prensa especializada como a mellor de todo o Noroeste penínsular e unha das mellores de España superando o ano pasado os 1.500 animais. Cifra que según os organizadores se superará este ano. Por número de participantes destacan, ademáis da comunidade galega, as de Castela León e Asturias.

Ningún comentario: