O CONCELLO DE BRIÓN CONVOCA DOUS CURSOS DE POWER POINT E UN DE MICROSOFT WORD 97
O prazo para inscribirse remata o vindeiro 30 de marzo
07 de marzo de 2012.- O Concello de Brión vén de convocar tres novos cursos de informática: dous de power point e un terceiro aprender a utilizar o programa de tratamento de textos Microsoft Word 97. Tres cursos que se celebrarán no telecentro de comunicacións de Brión e para os que xa está aberto o prazo de inscrición na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08. O prazo para anotarse remata o 30 de marzo e a admisión realizarase por orde de inscrición, con preferencia para os veciños e veciñas de Brión.
O curso de Microsoft Word 2007 terá lugar os martes e xoves entre o 17 de abril ao 28 de xuño, en horario de 20:00 a 22:00 horas. Un total de 40 horas formativas polas que se cobrará unha cuota única de 50 euros. No caso dos cursos de Power Point, o Concello de Brión oferta a posibilidade de organizar grupos de mañá (de 10:30 a 12:30 horas) e de tarde (de 20:00 a 22:00 horas). As clases terán lugar os luns, mércores e venres entre o 23 de abril e o 16 de maio. Un total de 20 horas de clase polas que se aboará unha cuota única de 30 euros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario