Amosando publicacións coa etiqueta AUDITORIO DE GALICIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AUDITORIO DE GALICIA. Amosar todas as publicacións

Auditorio de Galicia – Quico Cadaval en falabaratos

Quico Cadaval presenta ‘Zona Portuaria’ dentro do ciclo Falabaratos

  • As entradas poden mercarse a un prezo de 8 euros nas billeteiras do Teatro Principal de 18.00 a 21.00h.

  • Despois de Cadaval chegarán a Falabaratos Sergio Pazos, Luis Piedrahita, Godoy, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e de novo David Amor

Santiago de Compostela, 08/03/2012.- O ciclo Falabaratos da Concellería de Cultura que se inaugurou o pasado 14 de febreiro con David Amor, continúa coa súa programación neste mes de marzo. Así, este venres, 9 de marzo, chega a cita con Quico Cadaval e a súa ‘Zona Portuaria’. Será no Teatro Principal ás 21.00h e as entradas poden mercarse, a un prezo de 8 euros, nas billeteiras do propio Teatro en horario de 18.00 a 21.00h. Despois de Cadaval chegarán ao Principal, dentro deste ciclo, Sergio Pazos, Luis Piedrahita, Godoy, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e de novo David Amor.

Quico Cadaval, leva desenvolvendo desde os anos noventa un tipo de espectáculo unipersoal a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario. Un espectáculo de narración oral que se leva transformando nos últimos quince anos acomodándose ás circunstancias ambientais, inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais íntimos do público.

O espectáculo ‘Zona Portuaria’ criase a partir de historias da tradición oral que se deformaron pouco a pouco, na xira mundial inacabada na que Quico Cadaval traslada aos públicos dos catro continentes as historias da súa terra natal para comprobar se son universais. Como sempre, por Zona Portuaria, aparecerán tiranos, piratas, funcionarios, putas, taberneiras, cregos, valentes, estudantes, chaboleiros, filósofos, cans, vacas e outros fantasmas. Ou non.

QUICO CADAVAL

Nacido en Ribeira en 1960, é contador de historias, director de escena e dramaturgo. Comezou o seu traballo a mediados dos anos 80 baixo o mestrado de Xoán Cejudo, que estimulou o seu autodidactismo. Funda a compañía O Moucho Clerc con grandes artistas do teatro galego. Entre os seus traballos destacan Obra (No comment), Um códice clandestino e Shakespeare para ignorantes, esta última en colaboración con Mofa&Befa, pola que recibiron o premio MAX.

Como director lémbrase o seu traballo sobre Cunqueiro titulado O ano do cometa para o CDG e a obra de Shakespeare Noite de reis co CDG. Como contador de historias saíu do café Atlántico e de aí divulgou a narrativa galega por festivais tan importantes como o Iberoamericano de Bogotá, o FILBA de Bos Aires e as Palavras Andarilhas de Beja. En relación coa música, vasto territorio no que é un profano, iniciou os seus contactos en Operaçao Triunfo da RTP, colaborou no Son de Aquí con Treixadura e Leilia, foi director de escena da Ópera de tres reás da Consellería de Cultura e ultimamente ligouse a proxectos do TAC como a Ópera das 4 notas.

As últimas distincións recibidas foron o Pregón da Pisa da Castaña de Froxán e o Premio da Cultura Galega, na categoría de Artes Escénicas.

Auditorio de Galicia – cancelado o concerto de Pablo Milanés previsto para o 24 de Marzo

O artista cancelou toda a súa xira española por motivos de saúde

Suspéndese o concerto de Pablo Milanés previsto para o 24 de marzo no Auditorio de Galicia

  • A todos aqueles que adquiriran a súa entrada a través de Novagaliciabanco xa se lles reintegrou o importe da compra na mesma tarxeta coa que pagaron.

  • Os que as mercaron na billeteira do Teatro Principal teñen que dirixirse alí coa entrada antes do día 24 para que se lle devolva o importe

Santiago de Compostela, 07/03/2012.- O artista cubano Pablo Milanés vén de cancelar a súa xira española por motivos de saúde imprevistos e urxentes. Así, o concerto programado para o 24 de marzo no Auditorio de Galicia, dentro de Sons 2012, tivo que ser suspendido. A todos aqueles que xa adquirirán as súas entradas, seralle reembolsada a cantidade coa devolución da entrada.

Os que a mercaron a través de Novagaliciabanco (tanto no número de teléfono 902 43 44 43 como na web entradas.novacaixagalicia.es) non teñen que facer ningunha xestión xa que desde a entidade xa lles devolveron o importe da compra na mesma tarxeta coa que realizaron o gasto.

Os que a mercaron na billeteira do Teatro Principal teñen que dirixirse á propia billeteira coas entradas para que se lles devolva o importe. Os interesados teñen ata o propio 24 de marzo para solicitar esta devolución e a billeteira do Teatro está aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h.

Desde a concellaría de Cultura lamentan as molestias que puideran causar esta cancelación que foi, como xa dicíamos, imprevista e urxente. Así mesmo, deséxanlle a Milanés unha pronta recuperación e esperan telo en breve de novo de xira e visitando a nosa cidade.

Auditorio de Galicia – “Nya. Díptico para 9 bailaríns” este sábado 3 as 9 da noite

Será o sábado 3 de marzo a partir das 21.00h no Auditorio de Galicia Nya5- cre╠üdit Dan Aucante

Chega a Compostela ‘Nya. Díptico para 9 bailaríns’ coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa

  • O Bolero de Ravel e Cantos de Houria Aïchi cunha visión posta sobre as táboas polo ballet Contemporáneo de Arxel, nunha produción da compañía A Baraka

Santiago de Compostela, 28/02/2012.- O Ballet Contemporáneo de Arxel estará este sábado, 3 de marzo, en Compostela para poñer sobre o escenario ’Nya. Díptico para 9 bailaríns’. A obra, producida pola compañía A Baraka, toma o Bolero de Ravel e Cantos de Houria Aïchi nunha versión dirixida e coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa. Será no Auditorio de Galicia a partir das 21.00h e as entradas, a 10 euros, poden mercarse en Novagaliciabanco, na billeteira do Teatro Principal (de martes a sábado de 18 a 21h) e o propio día do espectáculo na billeteira do Auditorio a partir das 21.00h.

O espectáculo Nya é o primeiro froito que deu unha árbore chamada Ponte Cultural Mediterráneo. As súas raíces remóntanse a xullo de 2009, cando Abou Lagraa coreografiou o espectáculo de clausura do II Festival Panafricano de Alxer. De aí xurdiu a idea dunha Ponte, concibida como un programa trienal de cooperación alxerino-francesa a favor da arte coreográfica. Esa idea puido ver a luz grazas ao Ministerio de Cultura alxerino. Hoxe día, reúne a varios colaboradores: O Ballet Nacional Alxerino, a Axencia Alxerina para a proxección cultural e, evidentemente, a compañía A Baraka, creada en 1998 en Lyon por Abou Lagraa, así como os seus patrocinadores, o Consello da Creación Artística, a Fundación BNP Paribas, o Consello Xeral do Departamento de Ródano e o de Ardèche e a Comunidade de Municipios da Conca de Annonay.

A Ponte Cultural busca a creación dunha unidade de danza contemporánea no seo do Ballet Nacional Alxerino, con polos de formación e creación, fomentar os intercambios de obras coreográficas e apoiar a profesionalización dos bailaríns alxerinos. A iniciativa baséase antes que todo na formación. En xaneiro de 2009, un gran concurso reuniu en Alxeria a preto de 400 candidatos, oriúndos de todas as rexións, para seleccionar a dez bailaríns. Son eses novos talentos alxerinos os que interpretan a día de hoxe Nya despois de recibir unha formación de danza clásica e contemporánea así como unha iniciación ao Ioga.

Abou Lagraa

Nacido en Annonay o 22 de decembro de 1970 de pais alxerinos, Abou Lagraa empeza a practicar a danza aos 16 anos na súa cidade natal antes de ingresar no Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de Lyon, no que traballa con numerosos coreógrafos invitados. En 2009, O International Movimentos Dance Prize outórgalle a Abou Lagraa o Premio do Mellor Bailarín Internacional 2009. É en 1997 cando funda a súa compañía A Baraka. Coa Baraka, crea 12 pezas que viraron amplamente non só sobre os escenarios nacionais e europeos senón tamén en Estados Unidos, en Alxeria, en Tunes e en Indonesia.

Desde 2008, Abou Lagraa e a compañía A Baraka traballan na elaboración dunha Ponte Cultural Mediterráneo, en colaboración co Ministerio de Cultura alxerino: proxecto franco-alxerino de cooperación para o desenvolvemento de intercambios artísticos a favor da danza. Xa desde 2010, créase un programa de formación, creación e intercambios, no que o primeiro curso permite a creación de ‘Nya, Díptico para 9 bailaríns’ que poderemos ver na nosa cidade.

Auditorio de Galicia – Cooper no Compostela Rock

Cooper presenta o seu último traballo ‘Mi Universo’ dentro do Compostela Rockcorte_PC

· O grupo, un proxecto musical formado por Alex Díez e os seus amigos no ano 2000 está en concerto este xoves, 1 de marzo, ás 21.30h. na Sala Capitol

  • Con este disco logran actualizar un xénero, como é a música beat, facendo que soe á vez clásica e moderna, persoal e universal

Santiago de Compostela, 27/02/2012.- Compostela Rock, nova aposta da concellaría de Cultura ofrécenos este xoves, ás 21.30h na Sala Capitol unha nova cita, desta vez con Cooper que fan a presentación en Galicia do seu novo disco ‘Mi Universo’. O grupo, proxecto musical formado por Alex Díez e os seus amigos a principios do ano 2000, logran con este disco actualizar un xénero, como é a música beat, facendo que soe á vez clásica e moderna, persoal e universal. Máis adiante, chegarán da man deste ciclo a Compostela Mark Lanegan+Creature with The Atom Brain, Toy Dolls e Leiva.

Cooper nace como un proxecto musical de Alex Díez Garín e os seus amigos. A primeira maqueta grávana Alex e Mario durante os primeiros meses do ano 2000. A finais dese ano editábase ‘Fonorama’ primeiro disco longo de Cooper que os consolida como o mellor cuarteto de pop de guitarras e harmonías vocais do país. Tras varios cambios nos compoñentes do grupo, e algún parón no traballo por motivos persoais de Alex, en 2009 a banda edita ‘Aeropuerto’, un novo disco recompilatorio que inclúe, ademais, cancións como ‘Hyde Park’, auténtico himno de madurez que se converte en imprescindible nos moitos concertos que Cooper ofrecen ese ano.

Pero 2011 supón para Alex Díez a volta ao mundo musical pola porta grande. Cooper enfráscase na produción de todo un álbum, gravado en Londres, nos míticos estudos Konk, baixo o acertado título de ‘Mi Universo. Trátase do regreso de Cooper ao gran formato cunha colección de cancións novas que mesturan, coa sensibilidade da que sempre fixo gala o músico leonés, os aires retro do seu mundo sixties coa sonoridade máis actual da escena pop. Cooper, neste álbum, consegue o que moi poucos lograron: actualizar un xénero como é a música beat, facendo que soe á vez clásica e moderna, persoal e universal.

Debaixo do brazo trouxo o disco unha nova sorpresa en forma de xira virtual pola rede. A Internet Tour foi un dos fitos musicais do ano: dez vídeos en dez portais web diferentes, unha xira na que miles de seguidores acompañaron a Cooper, descubrindo cada día unha nova canción, gozando da proximidade que propician as redes sociais e as novas tecnoloxías. A xira por internet de Cooper foi un éxito rotundo, tanto pola novidade da proposta como pola calidade da materia prima: as cancións. E agora Cooper, coa formación máis estable da súa carreira e o respaldo dun gran álbum, inicia unha nova xira nacional. Unha nova volta de torca, unha nova maneira de entender o pop de toda a vida, iso é o que sempre nos propón Cooper. E así, chegan a este Compostela Rock.

Venta de entradas

As entradas para este concerto, 10€ anticipada e 12€ na billeteira, poden mercarse en Discos Nonis (A Coruña), A Reixa Tenda, e www.salacapitol.com, así como nas billeteiras da Concellaría, no Teatro Principal de martes a sábado e de 18.00 a 21.00h.

Auditorio de Galicia - “Sexo, por que non” hoxe e mañán no principal

Estará o venres 24 e sábado 25 ás 21.00h e o domingo 26 ás 20.00h.

’Sexo, por que non’ no Teatro Principal

  • A obra, de Franca Rame, Dario e Jacopo Fo está dirixida por Álvaro Lavín e protagonizada por Mercedes Castro

  • As entradas poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do Principal abertas de 18.00 a 21.00h.

Santiago de Compostela, 23/02/2012.- Dentro da programación de Teatro&Danza da concellería de Cultura, esta fin de semana teremos no Teatro Principal ‘Sexo, por que non?’ en tres función: venres 24 e sábado 25 ás 21.00h e domingo 26 ás 20.00h. A obra, de Franca Rame, Dario e Jacopo Fo está dirixida por Álvaro Lavín e protagonizada por Mercedes Castro. As entradas para asistir poden mercarse, a 10€ (6€ no anfiteatro), en Novagaliciabanco ou na billeteira do Principal aberta de 18.00 a 21.00h.

“Por que case nunca falamos de sexo? Por que, se o facemos, sempre o tomamos desde os complexos e o estereotipo? Xa que o sexo é unha parte central das nosas vidas, por que nos é tan difícil compartir as experiencias que o rodean?” Fuxindo do bombardeo pornográfico, do tópico e do chiste fácil, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás entorno ao encontro carnal. Unha comedia reflexiva, para mozos e maiores, un punto de encontro humorístico para rachar cos tópicos e os tabús.

Os autores: Franca Rame, Darío e Jacopo Fo

Franca Rame decidiu poñer en escena un libro escrito polo seu fillo, Jacopo Fo, titulado ‘O Zen ou a arte de foder’, que tivo un éxito desmesurado entre a mocidade italiana nos anos noventa. Arroupada polo seu marido Dario Fo e polo propio Jacopo, construíu un monólogo á altura da grande actriz que é, no que é difícil de diferenciar a voz de Franca da do personaxe que interpreta.

Estreado baixo o título ‘Sesso? Grazie, tanto per gradire!’ o 18 de novembro de 1994 no Teatro Comunale de Cervia, o espectáculo estivo máis de catro anos en cartel en Italia. A derradeira función realizouse 22 de outubro de 1998 no Teatro Regio de Parma.

Franca Rame e Dario Fo constitúen a parella por excelencia da dramaturxia contemporánea. Sempre comprometidos coa vertente social do teatro, compuxeron textos de denuncia social e crítica aos modos de vida e á conformación do poder occidental. Dario Fo recibiu o premio Nobel de Literatura en 1997. O seu fillo Jacopo Fo tamén é escritor, actor, director de escena e colaborador nos principais xornais italianos como columnista.

Auditorio de Galicia – Lelía en sons 2012

Leilía en concerto dentro do ciclo Sons 2012

  • Presentan o seu último traballo, ‘ConSentimento’ no Auditorio de Galicia a partir das 21.00h.LEILIA 2011 C_compr

  • A seguinte cita con Sons será o 24 de marzo con Pablo Milanés e Andrés Suárez

Santiago de Compostela, 24/02/2012.- Mañá, o ciclo Sons 2012 ofrécenos unha nova cita coa calidade e a diversidade. Así, partir das 21.00h. poderemos escoitar ás Leilía, que presentan o seu último traballo, ‘ConSentimento’ no Auditorio de Galicia. As entradas, a un prezo único de 10 euros están á venta en Servinova e na billeteira da Concellería, situada no Teatro Principal que ten horario de martes a sábado de 18.00 a 21.00h. Ademais, mañá mesmo poderán mercarse a partir das 18.00 e ata o comezo do concerto na billeteira do Auditorio de Galicia.

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza. Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, Leilía propón neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.

LEILÍA nace no ano 89, da man de seis mulleres, Ana, Patri, Merchi, Montse, Felisa e Rosario, que cunha aposta pioneira e atrevida, propuxeron recuperar do esquecemento a tradición oral galega. É así como abriron un camiño propio ao publicar a mediados dos 90 “Leilía” (Dismedic) composto exclusivamente por pezas tradicionais. Con esta publicación obtiveron un fondo recoñecemento de crítica e público, que descobre un xeito de expresión oral, ata daquela practicamente descoñecido na nosa sociedade. Unha vez sentados os cementos atrévense a dar un paso máis: achegar a música do pasado ao presente, por medio da incorporación de instrumentos e polifonías non tradicionais. Así nace “I é verdade i é mentira” (Virgin Records) (1998) baixo a produción musical de Nando Casal e Antón Seoane, membros de Milladoiro. No ano 2003, publican «Madama« (Discmedi) no que seguindo a estela do anterior traballo, incorporan un novo elemento: letras de temática actual.

No 2005, coincidindo co seu 15º aniversario, publican «Son de Leilía« (Leilear), un percorrido pola historia do grupo, no que se reflectiran as raíces tradicionais, así como as pezas máis evolucionadas, pasando polas diferentes colaboracións que tiñamos feitas ó longo dos nosos 15 anos de historia. 

Ás portas do 2012 sae á luz CONSENTIMENTO, un traballo no que as melodías tradicionais recollidas por Leilía se engalanan coas letras creadas por destacadas escritoras para a ocasión e tamén polos arranxos musicais feitos por Xoan Porto. Un disco, que sen deixar de soar a Leilía, ten corpo e gusto propio.

Auditorio de Galicia – este sábado Diamond Dogs no Compostela Rock

Diamond Dogs presentan o seu novo álbum ‘Set Fire To It All’ dentro do Compostela RockDiamond_Dogs_compr

  • Será este sábado, 25 de febreiro, ás 20.30h. na Sala Capitol e chegan capitaneados por dous dos guitarras máis importantes que teñen: International Fred e Lars Karlsson

  • Acompáñanos como teloneiros os galegos Sugar Mountain que presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación

Santiago de Compostela, 21/02/2012.- Compostela Rock, nova aposta da concellaría de Cultura ofrécenos este sábado, ás 20.30h na Sala Capitol unha nova cita, desta vez cos Diamond Dogs e Sugar Mountain. Os Diamond Dogs, que nos presentan o seu novo traballo ‘Set Fire To It All’ chegan a Santiago capitaneados por dous dos guitarras máis importantes da súa historia: International Fred e Lars Karlsson. Os teloneiros, os galegos Sugar Mountain, presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación. Máis adiante, chegarán da man deste ciclo a Compostela Cooper, Mark Lanegan+Creature with The Atom Brain, Toy Dolls e Leiva.

Neste 2012 os suecos Diamond Dogs cumpren vinte anos de carreira e celébrano facendo o que mellor saben facer: tocar cancións de rock ‘n’ roll. ‘Set Fire To It All’ é o título do seu novo álbum no que podemos atopar colaboracións de membros de bandas como The Hellacopters, Dogs D’Amour, Johnny Thunders, Ian Hunter ou Hanoi Rocks. Con el demostran unha vez máis por que son un dos alicerces base do rock escandinavo. Xunto ao seu líder Sören “Sulo” Karlsso, o supergrupo sueco contará con Martin Tronsson ao baixo, Henrik “Duke Of Honk” Widen aos teclados, Magic Gunnarsson ao saxofón, Johannes Dran á batería e as incribles guitarras de Fredrik “International Fred” Fagerlund e Lars Karlsson.

Sugar Mountain está formado por Yago Carreño (guitarra), Isaac Campos (órgano & pianos), Rubén Álvarez (baixo), Gonzalo Arca (voz), Laura Solla (guitarra) e Iván Trigo (batería). Presentan neste concerto en directo un amplo repertorio no que aparecen cancións do seu tres discos e novas cancións do que será a súa próxima gravación. Sons de raíces americanas aderezados con guitarras acústicas, riffs de guitarra eléctrica e unha base rítmica compacta. Atopámonos cancións urxentes como ‘Meet Me’ e ‘1964’, influencias de bandas clásicas como os Stones e as Faces en Not Your Business, ou a elegancia de Tom Petty en baladas como ‘I Feel Down’. Un estilo cada vez máis persoal demostrado en directo con cancións cheas de melodías luminosas e coidadas.

Venta de entradas

As entradas para este concerto, 15€ anticipada e 18€ na billeteira, poden mercarse na web de Novagaliciabanco, na rede Ticketmaster, incluída a súa web, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tendas Tipo, A Reixa Tenda, e www.salacapitol.com, así como nas billeteiras da Concellaría, no Teatro Principal de martes a sábado e de 18.00 a 21.00h.

Auditorio de Galicia – a semana que ven Leilia e Diamond Dogs

Leilía e Diamond Dogs, grandes citas musicais en Compostela a semana que vén

  • Leilía dará un concerto no Auditorio de Galicia o venres 24 dentro do ciclo Sons 2012 no que presentará o seu último traballo ‘ConSentimento’ image

  • Os Diamond Dogs estarán na Sala Capitol o sábado 25 dentro do ciclo Compostela Rock e terán como teloneiros aos galegos Sugar Mountain 

Santiago de Compostela, 16/02/2012.- A programación da concellaría de Cultura segue a ofrecernos calidade e diversidade. Así, as grandes citas da semana que vén no eido musical serán os concertos de Leilía e de Diamond Dogs. O venres 24, ás 21.00h no Auditorio de Galicia, Leilía preséntannos o seu último traballo, ‘ConSentimento’ dentro do ciclo Sons 2012. E o sábado 25 na Sala Capitol poderemos escoitar aos Diamond Dogs, acompañados dos Sugar Mountain a partir das 20.30h. nunha nova cita co Compostela Rock.image

ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza. Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, Leilía propón neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre. O deseño do espectáculo corre por conta doutro dos grandes profesionais da escena galega: Quico Cadaval.

Neste ano 2012 os suecos Diamond Dogs cumpren vinte anos de carreira e celébrano facendo o que mellor saben facer: tocar cancións de rock ‘n’ roll. Un novo disco e un concerto en DVD son os seus compañeiros nesta xira que os levará a patearse medio mundo para demostrar por que son unha das mellores bandas de boogie rock de todos os tempos. ‘Set Fire To It All’ é o título do seu novo álbum no que podemos atopar colaboracións de membros de bandas como The Hellacopters, Dogs D’Amour, Johnny Thunders, Ian Hunter ou Hanoi Rocks. Con el demostran unha vez máis por que son un dos alicerces base do rock escandinavo.

Sugar Mountain está formado por Yago Carreño (guitarra), Isaac Campos (órgano & pianos), Rubén Álvarez (baixo), Gonzalo Arca (voz), Laura Solla (guitarra) e Iván Trigo (batería). Presentan neste concerto en directo un amplo repertorio no que aparecen cancións do seu tres discos e novas cancións do que será a súa próxima gravación. Sons de raíces americanas aderezados con guitarras acústicas, riffs de guitarra eléctrica e unha base rítmica compacta.

Venda de entradas

As entradas para o concerto de Leilía, a 10€ prezo único, poden mercarse en Servinova, na billeteira do Teatro Principal e na do Auditorio o propio día do concerto. As de Diamond Dogs en www.ticketmaster.es, Carrefour, Fnac, Halcón Viajes, Tendas Tipo, A Reixa Tenda, www.salacapitol.com e tamén na billeteira do Teatro Principal. O prezo é de 15€ +gastos anticipada e de 18€ o día do concerto.

Auditorio de Galicia – hoxe Aline Frazao no ciclo “Íntimo and acústico”

Aline Frazao inaugura o ciclo ‘Íntimo&Acústico’ presentando o seu novo disco ‘Clave Bantu’

  • Será ás 21.00h no Teatro Principal e as entradas, a 8€ anticipada e 10€ o día do concerto, poden mercarse nas billeteiras do propio Teatro de 18 a 21h. image

  • No ciclo estarán tamén Simon Finn, Rebeca Jiménez, Cardigan Bridge, Jane Joyd, Patricia Moon, Daniel Higgs, Maika Makovski+Gentle Music Men, Abe Rábade Trío, Sumrrá e Coque Malla

Santiago de Compostela, 15/02/2012.- Aline Frazao é a encargada de inaugurar o novo ciclo da concellería ‘Íntimo&Acústico’. Será nun concerto mañá, 16 de febreiro ás 21.00h. no Teatro Principal no que nos presenta o seu último traballo ‘Clave Bantu’. ‘Íntimo&Acústico’ ofrece oito concertos que, tal e como indica o nome do ciclo, responden a formatos máis íntimos e serán no Teatro Principal e na Zona “C”. O ciclo contará, despois desta inauguración de Aline, con Simon Finn, Rebeca Jiménez, Cardigan Bridge, Jane Joyd, Patricia Moon, Daniel Higgs, Maika Makovski+Gentle Music Men, Abe Rábade Trío e Sumrrá e poñerá o peche Coque Malla xa no mes de xuño.

Aline Frazao é unha moza angolana cantora, guitarrista e compositora que naceu en Luanda en 1988 e vive actualmente en Santiago de Compostela. Aline pertence á nova xeración de músicos angolanos que combinan a música de raíz africana con influencias que oscilan entre o Jazz e a Música Popular brasileira.

Clave Bantu é un disco sincero e cru, vestido dunha lírica delicada e crítica, sen perder de vista a riqueza rítmica que reflexa as súas influencias atlánticas nun triángulo mestizo que ten a súa base claramente definido no eixo Angola-Brasil. Un traballo que ven a confirmar por que algúns consideran a esta cantora de Luanda de apenas 23 anos unha das máis interesantes promesas da música lusófona.

Ao carón de Aline, dous talentosos músicos: o contrabaixista cubano José Manuel Díaz, que colabora tamén nos arranxos de cada tema e na batería e percusión o galego Carlos Freire. Ademais, conta con dous convidados especiais: o trombonista portugués Rubén da Luz e o guitarrista brasileiro Sergio Tánnus. O álbum inclúe dous temas compostos con textos inéditos dos escritores angolanos José Eduardo Agualusa e Ondjaki.

As entradas para este concerto teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 euros xa mañá, día do concerto. Poden mercarse nas billeteiras da Concellería de Cultura no propio Teatro Principal no seu horario habitual, de 18.00 a 21.00h.

Santiago – David Amor no ciclo Falabaratos

Trátase dun novo ciclo da concellaría no que seis monologuistas presentan os seus espectáculos

David Amor inaugura ‘Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows’ _00S0331

  • Será ás 21.00h. no Teatro Principal co seu espectáculo ‘Fóra de Sitio’ e repetirá función o mércores 15 á mesma hora e no mesmo sitio.

  • Despois de Amor, estarán neste ciclo Quico Cadaval, Sergio Pazos, Leo Bassi, Luis Piedrahita e Godoy

Santiago de Compostela, .- David Amor inaugura mañá o novo ciclo da concellaría: ‘Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows’ co seu espectáculo ‘Fuera de sitio’ ás 21h no Teatro Principal. Dentro deste ciclo seis monologuistas de primeira liña ofrecerán os seus últimos espectáculos no Teatro Principal: ademais de Amor, estarán Quico Cadaval, Sergio Pazos, Leo Bassi, Luis Piedrahita e Godoy. David Amor repetirá sesión mércores tamén ás 21.00h no Teatro principal. As entradas, a 6€, poden mercarse en Novagaliciabanco e nas billeteiras da Concellería, no Teatro Principal, de martes a sábado de 18 a 21h.

David Amor comeza no 2001 en ‘O rei da comedia’, programa para a TVG (onde ata o momento realiza a maior parte da súa carreira audiovisual). De aí pasa ao ‘Supermartes’, programa veterano de variedades, onde desenvolve distintas disciplinas, colaborador, guionista, voz de marionetas... Na TVG participará en varios proxectos durante anos. Programas de variedades como ‘Luar’, ‘A terra dos prodixios’, ‘O programón’, e ata un espazo propio, ‘Supermaster’. Na ficción tamén contarán con el en distintas cousas; ‘Mareas Vivas’, ‘4º sen ascensor’, ‘Pataghorobí’.

Polos bares a súa fama vai medrando, un humor que mestura a tradición da terra, cala entre o público para cada vez pisar mellores auditorios. Empeza a presentar eventos de relevancia coma o Campionato do mundo de hokey. Con toda esta experiencia David decide dar o salto a unha canle nacional. Preséntase ao casting de ‘O club do chiste’, onde o collen e empeza a traballar con Globomedia con grandes humoristas da talla de Anabel Alonso e Leo Harlem. Con este último crea un espectáculo, ‘Pasa a tomar un café cando queiras…’, estreado en 2010. O éxito é tal que aínda seguen pechando datas con este espectáculo.

Na actualidade David ten encamiñada a súa carreira cara á ficción en televisión e cinema a nivel audiovisual e como humorista percorre os teatros de España demostrando que sabe algo máis que contar chistes.

O ESPECTÁCULO: ‘Fóra de sitio’

En 1999 David preséntase a un concurso de beleza, e outórganlle un premio, ‘Mr Simpatía’. Este feito a pesar da crueldade non fai que David se veña abaixo, e decide reconducir a súa carreira. Pasa a Antena 3; ao Clube do Chiste, para desenvolver esa faceta na que pensaba que destacaba, pero alí empezan a tratalo de guapo e xa foi cando o noso protagonista se sentiu fóra de sitio….e sentiu a necesidade de contalo.

E é que este é un galego atípico, sempre sabe se sobe ou baixa, sobre todo se a escaleira é mecánica. Se vostedes non van ver este espectáculo sentiránse así, ‘Fóra de sitio’

Santiago – concerto da banda sinfónica do conservatorio superior de música da Coruña

Enmárcase dentro do ciclo da concellaría ‘Novas Orquestras’

Concerto da Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña no Auditorio de Galicia

  • Dirixidos por Abraham Cupeiro e con Álvaro Blanco, piano

  • Interpretarán pezas de Bernstein, Gershwin, Van Delft e Aparicio

Santiago de Compostela, A Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña dará hoxe un concerto no Auditorio de Galicia ás 21.00h. dentro do ciclo de ‘Novas Orquestras’. Dirixidos por Abraham Cupeiro con Álvaro Blanco, piano, interpretarán pezas de Bernstein, Gershwin, Van Delft e Aparicio. As entradas, de balde para os abonados do Auditorio, teñen un custe de 3 euros e poden mercarse na billeteira do Auditorio desde as 18.00h.

A Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña é unha das agrupacións orquestrais que, segundo as ensinanzas regladas impartidas nos Conservatorios Superiores de Música, vertebran a actividade musical de conxunto como asignatura básica para o alumnado no seu obxectivo de acadar unha formación de excelencia encamiñada á vida profesional. Ademais, estas agrupacións serven de campo de experiencia e plataforma para alumnos con excepcionais capacidades solísticas.

Dende hai máis de 20 anos a Banda Sinfónica do Conservatorio Superior da Coruña ten ofrecido numerosos concertos, tanto nos Auditorios máis prestixiosos de Galicia (Teatro Rosalía da Coruña, Palacio da ópera da Coruña, etc) coma noutras comunidades (Auditorio do Conservatorio Superior de Salamanca, etc).

Dende o ano 2009 a Banda está dirixida polo profesor Abraham Cupeiro. Nace en Sarria onde comeza os seus estudos musicais no seo da banda de esta localidade para logo ingresar na banda municipal de Lugo. En 1999 trasladase a Madrid onde continuara os seus estudos musicais e licenciase con sobresaínte na especialidade de trompeta neste conservatorio. A partir do 2005 compaxina a súa faceta de músico coa de luthier e investigador de instrumentos de vento metal históricos. No ano 2007 comeza como profesor de trompeta no Conservatorio de Fingoi, no ano 2008 no Conservatorio Profesional da Coruña e partir do 2009 no Conservatorio Superior de dita cidade.

Álvaro Blanco Seoane comeza os seus estudos musicais con 6 anos na Escola Municipal de Música do Concello de Ourense. Ingresa un ano máis tarde no Conservatorio Profesional de Música de Ourense. Finaliza os estudos superiores de piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña en 2011, obtendo a máis alta cualificación no Concerto Fin de Carreira. Actualmente, está realizando un Máster en Piano na Escola Superior de Música de Maastricht, coa profesora Katia Veekmans.

CONCERTO

BANDA SINFÓNICA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA

MARTES 14 FEBREIRO 2012, 21.00

Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

PROGRAMA

1ª parte 

Overture to Candide................................L.Bernstein 
Rhapsody in Blue.....................................G.Gershwin 

Alvaro Blanco, Piano
2ª parte

Choral for a Solemn Ocasion.....................Marc van Delft 
States of  Mind..............................................T. Aparicio Barberán

Abraham Cupeiro, Director

BANDA SINFÓNICA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DA CORUÑA

A Banda Sinfónica do Conservatorio Superior de Música da Coruña é unha das agrupacións orquestrais que, segundo as ensinanzas regladas impartidas nos Conservatorios Superiores de Música, vertebran a actividade musical de conxunto como asignatura básica para o alumnado no seu obxectivo de acadar unha formación de excelencia encamiñada á vida profesional. Ademáis, estas agrupacións serven de campo de experiencia e plataforma para alumnos con excepcionais capacidades solísticas,

Dende hai máis de 20 anos a Banda Sinfónica do Conservatorio Superior da Coruña ten ofrecido numerosos Concertos, tanto nos Auditorios máis prestixiosos de Galicia (Teatro Rosalía da Coruña, Palacio da ópera da Coruña,etc) coma noutras comunidades (Auditorio do Conservatorio Superior de Salamanca,etc).

Dende o ano 2009 a Banda está dirixida polo Profesor Abraham Cupeiro.

ALVARO BLANCO SEOANE, Piano

Con 6 anos, comenza os estudos musicais na Escola Municipal de Música do Concello de Ourense. Ingresa un ano máis tarde no Conservatorio Profesional de Música de Ourense coa profesora Purificación Iglesias.

En 2003 obtivo o 1º premio en categoría infantil, no concurso do Real Club Náutico de Vigo, e acada o 2º premio no I concurso Regional de Piano (ASGAIM), modalidade xuvenil.

Termina os estudos de Grao Medio en 2006 e ingresa no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, onde estuda con Irina Moryatova. Obtén unha bolsa Erasmus que lle permite estudar na ESMAE de Porto, co profesor Luis Filipe Sá. Finaliza os estudos superiores de piano no Conservatorio Superior de Música da Coruña en 2011, obtendo a máis alta cualificación no Concerto Fin de Carrera. En este mismo ano, é premiado coa grabación dun Cd, no concurso á “Excelencia Musical Mans Futuro 11”

Actualmente, está realizando un Máster en Piano na Escola Superior de Música de Maastricht, coa profesora Katia Veekmans.

ABRAHAM CUPEIRO, Director

Nace en Sarria onde comeza os seus estudos musicais no seo da banda de esta localidade para logo ingresar na banda municipal de Lugo 
En 1999  trasladase a Madrid onde continuara os seus estudos musicais no  RCSMM onde recibe clases de Germán Asensi ,Conrrado Gastaldo , Benjamín Moreno, Sebastián Marine e Mariana Gurkova entre outros, así como master class de Pierre Thibaud, Bo Nilson e Max Sommerhalder.  Licenciase con sobresainte na especialidade de trompeta neste conservatorio.
Nesta cidade desenrola una intensa actividade como músico de sesión con numerosas orquestas sinfónicas e agrupacions de diferentes xéneros musicais como jazz, música étnica..levandoo a colaborar con Carmen Paris,Guillermo McGuill,Les Luthiers ,Orquesta Nacional de España,Gabino Diego etc
A súa faceta de multiinstrumentista levao a colaborar na película "Camino de Santiago" e no disco Adam the Carpenter  nominado os "Premios de la Música" como mellor album de jazz no ano 2008 e a ser habitual nos estudos de grabación chegando a gravar e a compoñer para o selo Universal ademáis de gravar  RNE ,RTVG e RTVE.
E membro fundador do grupo Seare co cal gaña o I Premio Da Música Xove no ano  2000 e estrea unha obra no Auditorio Nacional de España acompañado da banda sinfónica do RCSMM.
A partir do 2005 compaxina a sua faceta de músico coa de luthier e investigador de instrumentos de vento metal históricos practicando nestos técnicas do séc. XVII para a súa construcción.
Posúe xunto con María Rúiz unha coleción de máis de 300 instrumentos de todas as culturas e épocas a cal levou a diferentes cidades tendo como principal atractivo as demostracións que fai con boa parte de estos.
E especialista na interpretación con instrumentos orixinais do renacimento e do barroco e é conferenciante habitual na Universidade Complutense de Madrid.
No ano 2007 comeza como profesor de trompeta no Conservatorio de Fingoi, no ano 2008 no Conservatorio Profesional da Coruña e partir do 2009 no Conservatorio Superior de dita cidade.

Clarinetes
Otero Correa Cristina     

Loureiro Vivel Ana Isabel 

Bello Garcia Paloma 

Fernandez Cao Adrián 

Mato Guerra Nicolás

Pinos Fernández Nazaret   

Lamas Blanco David 

Losada Araujo Javier

Trombóns

Tarrio Oubiña Oscar

Pedares Patiño Ricardo

Luis Benito Alba Salgueiro

Gestal Couso Sara

Ruibal Ortigueira Daniel

Frautas

Álvarez Ferro Nerea
Pujol Miñán   Ricard                                                         
Balboa García Rocío
Comesaña Enrique

Oboes
Rodríguez Canosa Carolina                                                           
Pacín Vazquez Rosana
Morales Corral   Marta

Fagotes
Gundín Díaz Marina
Jiménez Laura
Contrafagot
García Elena

Violonchelos
Nogareda Candal Saúl
Andión García Jimena

Saxofons
Martínez Pereira Fatima                                                           
Fernández Calvo Jorge                                                             
Cotado Rodríguez  Adrián                                                         
Abel Bruzos Iván                                                                       
Fernández Álvarez Gerardo
Blanco López José Manuel

Bombardinos

Doural García Andrea Carme
Mallén Candel Eduardo

Trastoy Oseira David

Tubas
López Campo Ignacio
Varela Pereira Manuel

Trompas
Rodríguez Rubiales Angela
Loza Díaz Jacobo
Adrián García Carballo
García Carballo Cristina
Fariña Souto Manuel
Trompetas
García Mella Santiago
Cernadas Gómez Gustavo
Arjones Pereiras Iván
Lozano Beceiro Samuel
Pérez Fernández Francisco
Fliscornos
González Mato Diego
Fernández Vales Andrés

Percusión

Troncoso Troncoso Francisco

Leira Vazquez Robin

Piris Ignacio

Rodriguez Figueirido Marta

Villanueva Rodríguez Carla

Sulinski Marcin

Dyba Aleksandra

Auditorio de Galicia – ciclo falabaratos

Seis monologuistas no novo ciclo da Concellaría, ‘Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows’
  • David Amor, Quico Cadaval, Sergio Pazos, Leo Bassi, Luis Piedrahita e Godoy son os protagonistas desta nova oferta cultural
  • As entradas para todos os espectáculos poderán mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Principal no seu novo horario de martes a sábado de 18 a 21h.
Santiago de Compostela, 07/02/2012.- O director-xerente do Auditorio de Galicia presentou esta mañá no Concello un novo ciclo da concellaría: ‘Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows’. Dentro deste ciclo seis monologuistas de primeira liña ofrecerán os seus últimos espectáculos no Teatro Principal: David Amor, Quico Cadaval, Sergio Pazos, Leo Bassi, Luis Piedrahita e Godoy. As citas con estes humoristas serán de febreiro a xuño, sempre no Teatro Principal ás 21.00h e as entradas poden mercarse en Novagaliciabanco e nas billeteiras da Concellería, no Teatro Principal, de martes a sábado de 18 a 21h.
O ciclo comeza xa os vindeiros días 14 e 15 de febreiro con David Amor que nos presenta o seu espectáculo ‘Fuera de Sitio’. Amor, galego que comezou no 2001 na TVG, na actualidade percorre os teatros de España demostrando que sabe algo máis que contar chistes. ‘Fuera de sitio’ cóntanos a súa experiencia persoal en clave de humor e as entradas para asistir ao espectáculo son de 6€.
Xa en marzo, o día 9, chega ao Principal Quico Cadaval con ‘Zona portuaria’. Este contador de historias, director de escena e dramaturgo é máis que coñecido na nosa cidade. En ‘Zona Portuaria’, que ten unha entrada de 6€, Cadaval traslada aos públicos dos catro continentes as historias da súa terra natal para comprobar se son universais. Tamén en marzo, os días 22 e 23, teremos a outro humorista galego, Sergio Pazos que nos presenta ‘Se galego, my friend’. Cunha entrada de 6 euros poderemos gozar deste show no que Pazos nos demostras que os galegos somos uns seres moi curiosos.
O 10 de abril é a cita con Leo Bassi e o seu espectáculo ‘The best of…’ que ten un prezo de 12€ (8€ no anfiteatro). Bassi, amado ou odiado polo bufón que é, repasará o mellor da súa carreira nun espectáculo no que poderemos gozar dos mellores e mais famosos e divertidos sketchs de Bassi sobre as relixións, a banca, a dereita, o capitalismo... E abril tamén, os días 25 e 26, chegará a Compostela Luis Piedrahita con ‘El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable’. Os prezos nesta ocasión son de 18€ en butaca, platea e primeira planta; 15€, segunda planta; e 12€ no anfiteatro. Piedrahita xoga neste show coas palabras, coas súas e cos do público, improvisando coas súas suxestións e deixándolles participar.
Pecha o ciclo o 8 de xuño Godoy con ‘Verás que todo es mentira’. As entradas teñen un prezo de 12€ butaca, platea e primeira planta; 10€, segunda planta, e 8€, anfiteeatro. Este humorista, colaborador de Andreu Buenafuente, convencerános de que todo é mentira e convidaranos a mentir xa que, asegura, é boísimo para a nosa saúde mental.
a

Auditorio de Galicia – Sons 2012 este sábado Idan Raichel

Raichel estará acompañado no escenario pola palestina afincada en Compostela Najla Shamin Idan-Raichel-Bartzi-Goldblat3

Idan Raichel presenta o seu proxecto musical por primeira vez en Galicia dentro de Sons 2012

  • Será o sábado día 11 a partir das 21.00h. no Auditorio de Galicia

Santiago de Compostela, 06/02/2012.- O ciclo Sons 2012 traerá a Compostela nos vindeiros días a The Idan Raichel Project. Será dentro da xira do cantante israelí do momento, Idan Raichel, que fai unha proposta de ‘amor e tolerancia’ que revolucionou a banda sonora dunha rexión tristemente castigada polo conflito. No concerto, Raichel estará acompañado no escenario pola artista de orixe palestino Najla Shami, que interpretará algunha canción do último disco do artista israelí. As entradas para o concerto poden mercarse xa en Novagaliciabanco ou na billeteira do Teatro Principal a un prezo de 12 € e tamén se poderán mercar no Auditorio o propio día do concerto a 15€.

O deste sábado será o único concerto en España desta fascinante formación de artistas capitaneada por Idan Raichel, israelí que cambia por completo a imaxe da música popular do seu país ofrecendo unha mensaxe de amor, paz e tolerancia. Tanto no álbum como en escena, The Idan Raichel Project presenta a unha fascinante formación de artistas que inclúen a Cabra Casey, vocalista do proxecto, que é de descendencia etíope e naceu nun campo de refuxiados de Sudán durante a viaxe dos seus pais a Israel. Coñecéronse no servizo militar obrigatorio en Israel e agora viaxan polo mundo proxectando ao seu modo unha mensaxe de tolerancia e entendemento entre os pobos.

Ademais, Raichel tamén contará no escenario coa colaboración da artista de orixe palestino Najla Shami, que interpretará algunha canción con Idan do seu ultimo disco. Este encontro no escenario resalta máis se cabe a mensaxe de colaboración e unión dos pobos a través da música que Idan leva promovendo por todo o mundo desde hai anos.

The Idan Raichel Project converteuse nunha das historias de éxito inesperado nos anais da música de Israel. Catapultado ao éxito polas actuacións estelares no Teatro Kodak (Os Ánxeles) e a Ópera House (Sidney) foi recoñecido como un dos ‘espectáculos do ano’ polo The New York Times, grazas a un proxecto de gravación único no seu xénero: unha mestura encantadora de sons africanos, latinoamericanos, caribeños e do Medio Oriente, acoplados con técnicas de produción sofisticadas e un espectacular show en vivo.

Idan Raichel, un ‘mensaxeiro da paz’ no exército

Idan Raichel, o arquitecto deste proxecto único, é un tecladista, produtor e compositor procedente de Kfar Saba, Israel. En Israel, o servizo militar é obrigatorio e aos 18 Idan foi reclutado pola armada israelí. Pero en lugar de ocupar as primeiras liñas uniuse á banda de rock da armada e percorreu as bases militares interpretando covers de éxitos pop israelíes e europeos. Como director musical do grupo, volveuse un experto en arranxar e producir concertos en vivo, convertendo así o seu paso pola milicia nunha experiencia produtiva e positiva.

Despois de cumprir co servizo militar, Idan comezou a traballar como conselleiro nunha escola de pupilos para inmigrantes e mozos problemáticos. Curiosamente, á escola asistían moitos mozos de Etiopía pertencentes á crecente comunidade de xudeus etíopes. Foi alí onde Idan se familiarizou coa música folk e pop etíope. Ao cabo dos anos, naceu The Idan Raichel Project co que agora Raichel chega a Compostela dentro do ciclo Sons 2012.

Auditorio de Galicia – bases concurso cartaces da IX edición de Curtocircuito

Aberto o prazo para participar no Concurso de Cartaces para a IX edición de Curtocircuíto

  • O gañador do Concurso levará un premio de 500 euros.

  • Curtocircuíto celébrase en Santiago do 3 ao 11 de maio

Santiago de Compostela, 08/02/2012.- A concellería de Cultura convoca de novo un concurso para a realización do cartel da IX Edición do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. O concurso ten como fin estimular a creatividade dos artistas participantes e fomentar a difusión do certame cinematográfico que terá lugar en Santiago de Compostela, do 3 ao 11 de maio 2012. Todos os que queiran participar teñen ata as 14h do o 23 de marzo para enviar propostas e o gañador levará un premio de 500 euros.

Poderán participar persoas de calquera nacionalidade, individualmente ou en colectivo, podendo presentar un máximo de 2 deseños. O tema e a técnica serán de libre elección e as obras estarán confeccionadas en formato vertical, pensadas para reproducir en 35x50cm debendo deixar un faldón en negro de 5cm na parte inferior. Na obra deberán figurar o logotipo o do IX Curtocircuíto, que estará en formato descargable na web da Concellaría www.compostelacultura.org.

Admitiranse a este concurso soamente obras inéditas e o envío farase de forma dixital mandando o cartel adxunto nun correo electrónico a info@curtocircuito.org

O xurado que resolva o premio estará formado por tres persoas designadas polo Auditorio de Galicia. O premio pode quedar deserto si o xurado así o considera e a súa decisión será inapelable.

------------------------

A Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela, convoca un concurso para a realización do cartel da IX Edición do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito.

O Concurso ten como fin estimular a creatividade dos artistas participantes e fomentar a difusión do certame cinematográfico que terá lugar en Santiago de Compostela, do 3 ao 11 de maio 2012.

BASES DE PARTICIPACIÓN

CONDICIÓNS XERAIS:

1. Poderán participar persoas de calquera nacionalidade, individualmente ou en colectivo, podendo presentar un máximo de 2 deseños.

2. Establécese un premio de 500€ que será entregado na gala de inauguración do Festival. O premio estará suxeito aos impostos e ás regulacións fixadas pola Lei Española.

3. O tema e a técnica serán de libre elección.

4. As obras estarán confeccionadas en formato vertical, pensados para reproducir en 35x50cm debendo deixar un faldón en negro de 5cm na parte inferior.

5. Na obra deberán figurar o logotipo o do IX Curtocircuito, que estará en formato descargable na web da Concellaría www.compostelacultura.org.

6. Admitiranse a este concurso soamente obras inéditas. No caso de que se utilizaron imaxes ou plaxios de imaxes doutros autores ou institucións, o autor será o responsable único ante calquera incidencia que por estes motivos se poidan producir.

Presentación:

7. O envío farase de forma dixital. Mandando o cartel adxunto nun correo electrónico en formato pdf, jpeg ou tif a 300 ppp de resolución. Indicando no asunto: “Concurso de carteis IX Curtocircuito”. No corpo da mensaxe especificaranse os datos do participante: Nome, apelidos, DNI e un teléfono de contacto.

8. Á dirección de envío é a seguinte: info@curtocircuito.org O email debe mandarse con acuse de recibo, confirmación de entrega e resposta que se producirá nun prazo máximo de 24h. En caso contrario ou se houbese outro problema pódese contactar coa organización no tlf. 981 574152.

9. A data límite de presentación serán as 14h. do 23 de Marzo de 2012.

Resolución:

10. O xurado estará formado por tres persoas designadas polo Auditorio de Galicia.

11. O premio pode quedar deserto si o xurado así o considera e a súa decisión será inapelable.

12. O autor do cartel premiado deberá facilitar os elementos e arquivos necesarios (soporte dixital) para poder adaptar a súa obra aos diferentes soportes, formatos e aplicacións necesarios para a promoción e difusión do Certame.

13. O Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuito será o lexítimo propietario da obra premiada, e dos dereitos de explotación sobre a mesma, así como dos dereitos de reprodución, adaptación, distribución, comunicación pública e difusión en todos os soportes e plataformas presentes e futuras, sen limitación algunha ata a expiración dos dereitos de autor.

14. O mero feito da presentación das obras supón a aceptación e conformidade destas bases.

Auditorio de Galicia – este venres Corizonas no Compostela Rock

Corizonas fai a súa presentación en Santiago dentro do Compostela Rock

  • Será este venres, 10 de febreiro, ás 21.30h. na Sala Capitol

Santiago de Compostela, 07/02/2012.- Compostela Rock, nova aposta da concellaría de Cultura, inaugurouse o pasado sábado, 14 de xaneiro, cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol ás 21.30h Corizonas son os próximos convidados do ciclo e chegarán a Compostela o venres, 10 de febreiro nun concerto no que se presenta a nova banda en Galicia e ofrecen en directo os temas do seu novo disco ‘The News Today’. Máis adiante estarán Diamond Dogs+Sugar Mountain, Cooper, Mark Lanegan+Creature with The Atom Brain, Toy Dolls e Leiva. Todos na Sala Capitol.

Corizonas, a nova banda de moda do rock español, fórmase froito da unión de Los Coronas e Arizona Baby. O que comezou como unha insólita colisión de dúas bandas tan dispares, musical e xeneracionalmente, como Arizona Baby e Los Coronas coa xira "Dos Bandas y un Destino"  converteuse en apenas un ano na cita obrigada e a xira do momento. Cumprido con creces o obxectivo inicial, ambos grupos, desafiando a actual lóxica discográfica,  acaban de concluír o seu reto definitivo. Un álbum novo, conxunto, de temas propios, as dúas bandas fundíndose nunha soa que xa ten nome, como case todo o mundo os coñece, CORIZONAS. Un álbum estremecedor, tan brillante como insólito neste pais, que pasa do rock rexenerado ao country ou o folk máis vital e innovador de bandas claves como Fleet Foxes, White Stripes, á vaguada emocional dos Jayhawks ou a paisaxe evocadora de Calexico. Todo con visión propia, inmaculada e rotunda, con 12 cancións marabillosas.

O álbum de CORIZONAS é "The News Today", como unha das súas agudas observacións sobre este mundo en crise. Apareceu inicialmente en España (Subtefuge) o 25 de outubro e con el un novo inicio para esta viaxe conxunta. Un novo concepto que abandona a imaxinería western da xira Dos Bandas y Un Destino, os seus uniformes e posta en escena.  Un novo set que deixa parcialmente atrás o repertorio de versións para centrarse nesa pléiade de himnos emocionantes que nos espera. Un novo cartel, novo deseño escénico, e un cambio substancial do seu ideario cinematográfico nas visuais. Todo nunha nova xira que comezou en novembro e que agora chega á nosa cidade da man do novo festival Compostela Rock. 

As entradas para este concerto, 15€ anticipada e 18€ na billeteira, poden mercarse xa na rede Ticketmaster, incluída a súa web, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tendas Tipo, A Reixa Tenda, www.iwanna.org e www.salacapitol.com, así como nas billeteiras da Concellaría, no Teatro Principal de martes a sábado e de 18.00 a 21.00h.

Compostela Rock, novo ciclo da concellaría

Dentro das novidades na programación para 2012 que pon en marcha a concellaría de Cultura, unha das apostas firmes é o Compostela Rock, ciclo que se alongará durante todo o ano e se celebrará en diversos espazos da cidade. Abranguerá concertos de rock, pop e xéneros próximos en todos os seus estilos e variantes intentando así achegarse ao maior rango de idades entre o público ao que vai dirixido. O que se busca é dar estabilidade na programación da concellaría a un tipo de música que ata o de agora non o tiña e materializar unha realidade da programación da cidade.

Auditorio de Galicia – próximos concertos SONS 2012

The Idan Raichel Project, Leilía e Pablo Milanés, próximos concertos de Sons 2012

  • Serán todos no Auditorio de Galicia ás 21.00h., os días 11 e 24 de febreiro e o 24 de marzo, respectivamente

Santiago de Compostela, 03/02/2012.- O ciclo Sons 2012 traerá a Compostela nos vindeiros días a The Idan Raichel Project, Leilía e Pablo Milanés, acompañado por Andrés Suárez como teloneiro. Sons 2012 inaugurouse onte cun concerto dos portugueses The Gift que non defraudaron ante un Teatro Principal repleto de seguidores. Os tres próximos concertos serán todos no Auditorio de Galicia ás 21.00h. e as entradas poden mercarse en Novagaliciabanco, Servinova, as billeteiras do Teatro Principal e nas do Auditorio o propio día dos concertos.

O segundo concerto de Sons 2012 será The Idan Raichel Project o 11 de febreiro no Auditorio de Galicia cun prezo de 12€ anticipada e 15€ o día do concerto. Será o único concerto en España desta fascinante formación de artistas capitaneada por Idan Raichel, israelí que cambia por completo a imaxe da música popular do seu país ofrecendo unha mensaxe de amor, paz e tolerancia. Idan Raichel é un tecladista, produtor e compositor de 29 anos procedente de Kfar Saba, Israel. Tanto no álbum como en escena, The Idan Raichel Project presenta a unha fascinante formación de artistas que inclúen a Cabra Casey, vocalista do proxecto, que é de descendencia etíope e naceu nun campo de refuxiados de Sudán durante a viaxe dos seus pais a Israel.

O 24 de febreiro chegan ao escenario do Auditorio de Galicia, Leilía co seu ‘ConSentimento’, un traballo donde as melodías tradicionais recollidas por Leilía se engalanan coas letras creadas por destacadas escritoras para a ocasión e tamén polos arranxos musicais feitos por Xoan Porto. Un disco, que sen deixar de soar a Leilía, ten corpo e gusto propio. Leilía, formada por Ana, Patri, Merchi, Montse, Felisa e Rosario, pretende que este traballo sexa unha homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeira, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza. O prezo deste concerto é 10€ entrada única.

Xa en marzo, o día 24, será a cita con Pablo Milanés que terá ao compostelán Andres Suárez como teloneiro. O prezo do concerto é de 28€ anticipada e 33€ o día do concerto. Milanés chega a Compostela coa súa xira "Proposicións" nun formato no que el é guitarra e voz; Dagoberto González, teclados e violín; e Miguel Núñez, piano e dirección musical. O músico cubano regresa aos escenarios españois como xa é costume establecido nas súas xiras internacionais e o concerto de Santiago será o único en Galicia. Como novidade, Pablo traerá como preludio primaveral algunhas das composicións que na actualidade traballa para conformar un disco que verá a luz neste ano.

Milanés ten como teloneiro ao cantautor compostelán Andrés Suárez que presenta o seu último traballo discográfico, ‘Cuando vuelva la marea’, o máis consolidado e firme da súa carreira. O disco sae coa discográfica Relocos Records coa intención de superar os 4000 discos vendidos do seu anterior traballo (sen promoción nin apoio discográfico) e de realizar unha xira nacional e internacional.

Auditorio de Galicia – ciclo Jazz in Blue

Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus en Compostela dentro do ciclo Jazz in Blue

  • Os concertos serán no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia RP Jazz in Blue

  • As entradas poderán mercarse en www.ticketmaster.es, Carrefour, FNAC, Halcón Viaxes, Tendas Tipo, e toda a rede de Ticketmaster

Santiago de Compostela, 31/01/2012.- O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron esta mañá un novo ciclo musical, desta vez centrado arredor do jazz: o Jazz in Blue. Este ciclo ofrécenos a oportunidade de achegarnos a unha música radicalmente creativa, recoñecida a nivel internacional e de incontestable calidade, realizada por tres artistas que marcan moitos dos camiños polos que transcorre o mellor jazz actual; Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus.

O ciclo inaugurase o vindeiro 18 de febreiro no Teatro Principal onde poderemos escoitar a partir das 21.00h. a Erik Truffaz 4tet. O martes 6 de marzo chega a cidade, Joe Lovano Quartet. Nesta ocasión o concerto será no Auditorio de Galicia a partir tamén das 21.00h. O Teatro principal volve ser escenario do Jazz in Blue de novo o domingo 13 de maio co concerto, ás 21.00h. de The Bad Plus.

O trompetista Erik Truffaz fusiona jazz, rock, hip-hop, world music e electrónica. Con máis de 15 álbums desde 1994 publicou con Blue Note Records, ‘In Between’, coa formación clásica de Arkhangelsk con Marcello Giuliani e Mark Erbetta, aos que se sumou o teclista Benoît Corboz. Joe Lovano é un dos grandes saxofonistas da escena do jazz post bop actual, tanto pola súa carreira como solista como polos seus discos e grandes colaboracións. O seu último álbum é ‘Bird Songs’ (2011), editado a través de Blue Note Records, que fai o número 22 da súa carreira.

Pola súa banda, The Bad Plus é un trío de jazz contemporáneo formado por Ethan Iverson (piano), Reid Anderson (baixo) e David King (batería). A súa música combina elementos do jazz tradicional, free jazz, rock e pop. O seu último álbum ‘Never Stop’, publicado en 2010, é o noveno da súa carreira.

Venta de entradas

As entradas poden mercarse en toda a Rede Ticketmaster, na web www.ticketmaster.es, Carrefour, FNAC, Halcón Viaxes e Tendas Tipo.

Auditorio de Galicia - próximos concertos Compostela Rock

Corizonas, Diamond Dogs, Cooper e Mark Lanegan no Compostela Rock

  • Ademais, e xa no mes de maio, estarán tamén no ciclo Toy Dolls e Leiva

Santiago de Compostela, 27/01/2012.- Compostela Rock, nova aposta da concellaría de Cultura, inaugurouse o pasado sábado, 14 de xaneiro, cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol ás 21.30h.. O concerto foi un éxito e máis de 500 persoas gozaron da banda, elixida por AC/DC como teloneiros na súa última xira mundial, que chegaba a Compostela para dar o único concerto en Galicia, logo de estar en Madrid, Barcelona e Bilbao, no que presentaron o seu novo disco, ‘Revival’. O ciclo continua agora con Corizonas, Diamond Dogs+Sugar Mountain, Cooper e Mark Lanegan+Creature with The Atom Brain para continuar xa en maio con Toy Dolls e Leiva. Todos na Sala Capitol.

Corizonas son os próximos convidados do ciclo e chegarán a Compostela o venres, 10 de febreiro nun concerto no que se presenta a nova banda en Galicia e ofrecen en directo os temas do seu novo disco ‘The News Today’. As entradas, 15€ anticipada e 18€ na billeteira, poden mercarse xa na rede Ticketmaster, incluída a súa web, Discos Gong, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tendas Tipo, A Reixa Tenda, www.iwanna.org e www.salacapitol.com.

En febreiro tamén, o día 25, temos o terceiro concerto do ciclo, nesta ocasión con Diamond Dogs que terán como teloneiros aos Sugar Mountain. Os suecos chegan a Compostela para presentar o seu novo álbum ‘Set Fire To It All’ capitaneados por dous dos guitarras máis importantes que tiveron: International Fred e Lars Karlsson. Como diciamos, acompáñanos como teloneiros os galegos Sugar Mountain que presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación.

Cooper chega o 1 de marzo para presentar en Galicia o seu novo disco, ‘Mi universo’, co que logran actualizar un xénero, como é a música beat, facendo que soe á vez clásica e moderna, persoal e universal. O grupo é un proxecto musical formado por Alex Díez e os seus amigos nos primeiros meses do ano 2000

E en marzo, o 28, estará en Compostela Rock Mark Lanegan con Creature with The Atom Brain. Lanegan promete unha noite memorable na que presenta en Galicia ‘Blues Funeral’, o seu novo disco tras oito anos desde o último. Como banda teloneira actuarán os belgas Creature with the Atom Brain, que contan entre as súas filas con Aldo Struif (ex Millionaire).

Compostela Rock, novo ciclo da concellaría

Dentro das novidades na programación para 2012 que pon en marcha a concellaría de Cultura, unha das apostas firmes é o Compostela Rock, ciclo que se alongará durante todo o ano e se celebrará en diversos espazos da cidade. Abranguerá concertos de rock, pop e xéneros próximos en todos os seus estilos e variantes intentando así achegarse ao maior rango de idades entre o público ao que vai dirixido. O que se busca é dar estabilidade na programación da concellaría a un tipo de música que ata o de agora non o tiña e materializar unha realidade da programación da cidade.

Auditorio de Galicia – 25 espectáculos na programación dos próximos meses

21 espectáculos diferentes na programación de teatro e danza da concellaría de Cultura

O programa completo ata xuño foi presentado hoxe polo concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou

Na rolda estiveron tamén as actrices María Barcala e Susana Dans, protagonistas de ‘E.R.(algún día traballaremos xuntas)’ e Carlos Álvarez-Ossorio, director de ‘Mujer muerta caminando’, os dous eventos cos que comeza a programación

Santiago de Compostela, 24/01/2012.- O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron esta mañá a programación completa de Teatro e Danza da concellaría ata o mes de xuño. En total serán 65 funcións de 21 espectáculos diferentes que aglutinan unha variada mostra do teatro e da danza galegos así como o chegado desde diferentes puntos da xeografía española. Na rolda estiveron tamén as actrices María Barcala e Susana Dans, protagonistas de ‘E.R.(algún día traballaremos xuntas)’ e Carlos Álvarez Osorio, director de ‘Mujer muerta caminando’, os dous eventos cos que comeza a programación.

No programa completo ata o mes de xuño podemos atopar unha notable presenza do teatro galego que inclúe a presentación das estreas da tempada e reposicións dalgún dos espectáculos con maior éxito de público e billeteira dos últimos meses así como obras en xira chegadas desde diferentes puntos de España.

Cabe destacar que se gaña un novo espazo para o teatro de corte experimental e alternativo coa Zona “C”, que amplía os seus contidos ao mundo das artes escénicas e musicais. Así, poderemos gozar neste espazo da estrea absoluta de dúas obras, ‘Mujer muerta caminando’ dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, e ‘Hamlet’ de Alfredo Padilla. As dúas obras estarán complementadas con sendos obradoiros, ‘O texto como pretexto’ e ‘Montando Shakespeare’ para actores e actrices dos cales haberá tamén mostra pública ao remate.

A programación do teatro galego presenta a estrea na cidade de ‘E.R. (algún día traballaremos xuntas)’ de Teatro do Atlántico; ‘Se non queres casar, o mesmo dá’ de Casahamlet; ‘Chamada desde o máis alá’ de Fusa Guillén; a triloxía completa de ‘Citizen’ de Chévere ou ‘Tango’ de Sarabela Teatro. E en canto ás reposicións de obras que xa puidemos ver na cidade están exitosos títulos como ‘Sexo? Por que non?’, ‘O Florido Pensil’, ‘A filla de Woody Allen’ e ‘Shakespeare para ignorantes’.

É de destacar a presenza no programa da nova produción de Teatro La Abadía, ‘Grooming’ de Paco Bezerra, que conta cun importante elenco, formado por Nausicaa Bonnín e Antonio de la Torre, dirixidos por José Luis Gómez. Ademais, teremos a Rafael Álvarez ‘El Brujo’ coa estrea en Galicia de ‘El Testigo’ ou comedias como ‘Zoo’ de Yllana ou ‘Catering’ de Concha Rodríguez.

A programación de danza traerá a Compostela ‘Nya. Díptico para 9 bailaríns’ onde poderemos gozar da revisión contemporánea do Bolero de Ravel e dos cantos de Houria Aïchi co Ballet Contemporáneo de Alxer nunha colaboración franco-arxelina dirixida polo prestixioso bailarín e coreógrafo Abou Lagraa. Ademais, teremos a estrea en Galicia de ‘Ni ogros ni princesas’ a última produción de Provisional Danza, con coreografía e dirección de Carmen Werner. Completan a programación ‘Baile de soños’ de Circio; e Tulipanes’ de David Loira.

Auditorio de Galicia – próximos concertos no Compostela Rock

Os irlandeses xuntaron a máis de 500 persoas na Sala Capitol

Tralo éxito da inauguración con The Answer, Compostela Rock continua con Corizonas, Diamond Dogs, Cooper e Mark Lanegan

  • Ademais, e xa no mes de maio, estarán tamén no ciclo Toy Dolls e Leiva

Santiago de Compostela, 02/01/2012.- Compostela Rock, nova aposta da concellaría de Cultura, inaugurouse o pasado sábado, 14 de xaneiro, cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol ás 21.30h.. O concerto foi un éxito e máis de 500 persoas gozaron da banda, elixida por AC/DC como teloneiros na súa última xira mundial, que chegaba a Compostela para dar o único concerto en Galicia, logo de estar en Madrid, Barcelona e Bilbao, no que presentaron o seu novo disco, ‘Revival’. O ciclo continua agora con Corizonas, Diamond Dogs+Sugar Mountain, Cooper e Mark Lanegan+Creature with The Atom Brain para continuar xa en maio con Toy Dolls e Leiva. Todos na Sala Capitol.

Corizonas son os próximos convidados do ciclo e chegarán a Compostela o venres, 10 de febreiro nun concerto no que se presenta a nova banda en Galicia e ofrecen en directo os temas do seu novo disco ‘The News Today’. As entradas, 15€ anticipada e 18€ na billeteira, poden mercarse xa na rede Ticketmaster, incluída a súa web, Discos Gong, Carrefour, FNAC, Halcón Viajes, Tendas Tipo, A Reixa Tenda, www.iwanna.org e www.salacapitol.com.

En febreiro tamén, o día 25, temos o terceiro concerto do ciclo, nesta ocasión con Diamond Dogs que terán como teloneiros aos Sugar Mountain. Os suecos chegan a Compostela para presentar o seu novo álbum ‘Set Fire To It All’ capitaneados por dous dos guitarras máis importantes que tiveron: International Fred e Lars Karlsson. Como diciamos, acompáñanos como teloneiros os galegos Sugar Mountain que presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación.

Cooper chega o 1 de marzo para presentar en Galicia o seu novo disco, ‘Mi universo’, co que logran actualizar un xénero, como é a música beat, facendo que soe á vez clásica e moderna, persoal e universal. O grupo é un proxecto musical formado por Alex Díez e os seus amigos nos primeiros meses do ano 2000

E en marzo, o 28, estará en Compostela Rock Mark Lanegan con Creature with The Atom Brain. Lanegan promete unha noite memorable na que presenta en Galicia ‘Blues Funeral’, o seu novo disco tras oito anos desde o último. Como banda teloneira actuarán os belgas Creature with the Atom Brain, que contan entre as súas filas con Aldo Struif (ex Millionaire).

Compostela Rock, novo ciclo da concellaría

Dentro das novidades na programación para 2012 que pon en marcha a concellaría de Cultura, unha das apostas firmes é o Compostela Rock, ciclo que se alongará durante todo o ano e se celebrará en diversos espazos da cidade. Abranguerá concertos de rock, pop e xéneros próximos en todos os seus estilos e variantes intentando así achegarse ao maior rango de idades entre o público ao que vai dirixido. O que se busca é dar estabilidade na programación da concellaría a un tipo de música que ata o de agora non o tiña e materializar unha realidade da programación da cidade.