|
Xoves 8
10.30 e 12.00 h No Teatro Principal, Concerto Didáctico 'O metal e as súas cores', unha produción da Fundación La Caixa enmarcada dentro da programación didáctica da concellería de Cultura. 11.00 h Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co rexedor da Estrada, José López Campos. 12.00 h No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e de Quico Cadaval para presentar 'Zona portuaria' que Cadaval presenta no Principal o venres 9 dentro do ciclo Falabaratos. 12.30 h No Centro Sociocomunitario da Porta do Camiño, a concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, participa no acto conmemorativo do Día da Muller coas usuarias do centro, organizado polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte. 19.30 h Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside o acto de homenaxe e recoñecemento a Victoria Seoane López, fundadora de Ultramarinos Victoria; a Mª del Carmen Ferreira Campos, fundadora da firma Maika Peluqueros; e a Ana Serra García, empresaria artesá e fundadora de Medialúa, con motivo do Día Internacional da Muller. 21.00 h Ciclo de Piano Ángel Brage No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto de Ingolf Wunder dentro do ciclo de piano Ángel Brage enmarcado na programación de abono. [Chopin] | SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL (Desde as 08:00 h. do día 07 ata as 08:00 h. do día 08 de marzo). ACCIDENTES Nas últimas 24 horas, o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes con danos materiais na cidade. - Ás 09.50 horas, na intersección Alfredo Brañas con República Arxentina, entre dous vehículos. - Ás 18.45 horas, no Viaduto da Rocha, consistente en saída de vía. CONTROIS - Realizáronse controis de horarios de peche de varios locais e controis de dobre fila e paradas de bus. - Identifícase e instrúense dilixencias a unha persoa que foi sorprendida cando se atopaba causando danos de maneira intencionada en diversos vehículos na rúa Pelamios. AUXILIOS Trasládase ao seu domicilio a unha persoa que se atopaba tirada na rúa en estado de embriaguez. |
Santiago – axenda xoves 8 de marzo e actuacións da policía local
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario