Ordes acollerá unha xornada informativa sobre a nova reforma laboral o vindeiro venres día 9
Concello e Mancomunidade levan a cabo esta iniciativa co gallo do Día Internacional da Muller. Abordaranse aspectos relacionados cos dereitos laborais e a nova regulación do servizo doméstico
Ordes 7 marzo 2012. Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller que terá lugar esta semana, o Concello de Ordes conxuntamente coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes ten prevista a xornada informativa ‘A nova reforma laboral’. O acto será de libre acceso e terá lugar o venres 9 de marzo ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
Neste encontro abordaranse todas as cuestións relativas á nova lei aprobada recentemente, como por exemplo as causas de despedimento, a regularización dos ERES, a reducción da xornada laboral, os novos tipos de contratos, o cálculo de indemnizacións, e en xeral calquera dos principais cambios que afecten aos dereitos dos traballadores. Outro dos puntos centrais será a regulación do servizo doméstico e a contratación naqueles sectores con maior presenza de mulleres, como é o textil no caso de Ordes.
Luis Barena, secretario xeral da comisión executiva provincial FSP-UGT de A Coruña será o encargado de levar a cabo esta ponencia .
Ningún comentario:
Publicar un comentario